O 30 de xullo terá lugar o 2º Maratón de Pintura ao Aire Libre, que organiza o Concello de Alfoz. Os traballos estarán expostos en agosto no Castelo de Castrodouro.

O Concello de Alfoz organiza o 2º Maratón de Pintura ao Aire Libre que se celebrará o domingo 30 de xullo.

As bases recollen que poden participar todos os pintores que o desexen, existindo unha categoría infantil (ata 16 anos) e outra senior. A temática será referida ao concello de Alfoz, podendo reproducir calquera motivo, monumento ou paisaxe do termo municipal. A técnica e as medidas dos traballos serán libres, e os participantes deberán aportar o material utilizado, admitindo calquera tipo de soporte (lenzo, papel, cartón,…) con fondo branco.

As inscricións deberán facerse no Castelo do Castrodouro a través do correo electrónico turismo@concellodealfoz.com, ou de forma presencial o mesmo día do maratón de 9:00 a 11:00 horas.

O maratón celebrarase o domingo 30 de xullo desde as 10:00 ata as 18:00 horas, e os participantes poderán situarse en calquera lugar do concello de Alfoz para a realización dos seus traballos.

Os premios na categoría senior serán: para o primeiro un bono de 100 euros máis trofeo, o segundo recibirá un trofeo máis maletín de pintura, e o terceiro un trofeo máis lote de pintura. Haberá un premio para o pintor local de trofeo máis maletín de pintura. Na categoría infantil, o primeiro recibirá un bono de 50 euros máis trofeo, o segundo trofeo máis maletín de pintura, e o terceiro trofeo máis lote de pintura. Tamén haberá premio para o pintor local con trofeo máis maletín de pintura.

Os traballos permanecerán expostos no Castelo do Castrodouro ata o día 31de agosto.