Xove repartirá preto de 5.000 euros en premios no seu desfile do Entroido, que se celebrará o 18 de febreiro.

Desde o Concello de Xove informan que Con respecto a anos anteriores, a edición deste ano conta cunha novidade xa que  o venres 17 de febreiro, premio ao gran Desfile,  imos ter no Pavillón Municipal uun BAILE INFANTIL DE DISFRACES  amenizado pola DISCO MÓBIL CONXURO.

O  sábado 18 de febreiro imos desenvolver as actividades centrais do Entroido, co seguinte programa:

    -17:00 horas.- DESFILE DE ENTROIDO polas rúas de Xove, con saída do entorno do  Campo Municipal de Fútbol e chegada no Centro Cívico. Durante o desfile  e ao remate do mesmo contaremos coa amenización e actuación da MEKÁNIKA ROLLING BAND.

   -Unha vez rematado o Desfile e a actuación da Mekánika Rollíng Band, imos ter festa rachada no Pavillón ata altas horas da madrugada. Esta festa rachada, que vai ser tamén un baile de disfraces, vai ser amenizada primeiro pola DISCO MÓBIL CONXURO; nun intermedio desta actuación imos entregar os premios infantís do Desfile. Despois da Disco Móbil imos ter a actuación do GRUPO FÉNIX, e no intermedio da mesma faremos entrega dos restantes premios (categorías adultos) do Desfile. A festa continuará no Pavillón ata altas horas da madrugada coa Disco Móbil Conxuro.

Moitas persoas  nos preguntaron como imos entregar os premios. É importante sinalar que os premios VANSE ENTREGAR EN METÁLICO ao remate do Gran desfile, tal como apuntamos no párrafo anterior.

Inscrición. A mesma hai que realizala en:
      -No Concello, na oficina do Técnico de Cultura ata o venres 17 de febreiro incluído, ou ben, chamando por teléfono ao 982592001.
      -O mesmo día do desfile (18 de febreiro) no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade via telefónica ou presencial.

O Concello ten previsto que  tódolos/as  participantes a nivel individual, como parella,  grupo, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile  (antes do 18 de febreiro) reciban un agasallo de parte da Organización. Os/as que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do Desfile, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización.

Segundo as Bases O GRAN DESFILE DE XOVE  vai repartir 4.910 euros en premios