O libro "Francisco Fernández del Riego, un loitador pola idea de Galicia", de Malores Villanueva, será presentado no Pazo de Tovar o 4 de febreiro.

O libro titulado Francisco Fernández del Riego, un loitador pola idea de Galicia, escrito por Malores Villanueva Gesteira, será presentado no Pazo de Tovar este sábado, 4 de febreiro, ás 18:00 horas. 

Ademais da autora da publicación, no acto participarán a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, e Xosé Luis Fernández Rivera, membro da Mesa Coordinadora Don Paco.
Esta presentación está organizada polo Concello de Lourenzá, a Mesa Coordinadora Don Paco e Editorial Galaxia.