A reedición do libro Lourenzá, de Fernández del Riego, será presentada no salón de actos do Concello laurentino o 31 de xaneiro.

A reedición do libro titulado Lourenzá, escrito por Francisco Fernández del Riego, será presentada no salón de actos do Concello de Lourenzá o vindeiro martes, 31 de xaneiro, ás 20 horas. Esta obra de Fernández del Riego foi reeditada polo Concello de Lourenzá e Editorial Galaxia. 

No acto participarán a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García; Manuel Román Ramos, historiador estudoso da obra de Del Riego; e o director xeral de Editorial Galaxia, Francisco Castro.

Esta presentación está organizada polo Concello de Lourenzá, a Mesa Coordinadora Don Paco e Editorial Galaxia.