A Librería Bahía, de Foz, acollerá o 10 de marzo a presentación do libro "As aldeas da memoria", editado pola Deputación de Lugo.

Este venres, 10 de marzo, ás oito e media da tarde terá lugar na Librería Bahía, de Foz, a presentación do libro “As aldeas da memoria”, editado pola Deputación de Lugo.

Estarán no acto os autores do libro: o fotógrafo Laurentino Nachok e o poeta Baldo Ramos aos que acompañarán o escultor Caxigueiro e o músico Mano Panforreteiro.

Desde Librería Bahía explican: “tratarase, pois, dun acto que fai dialogar palabra, imaxe e música e que protagonizarán artistas da Mariña coa presenza tamén do poeta Baldo Ramos, que se achegará ata Foz para esta presentación”.