Presentación
A Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, acollerá a presentación do libro titulado Hilando Cicatrices, de Teresa Ventura. Será este venres, día 27 de decembro, ás 20:00 horas.
O acto será presentado polo cronista oficial de Ribadeo, Eduardo Gutiérrez.
O vindeiro venres -20’ de decembro – presentarase en Burela a iniciativa de desenvolvemento arredor da produción alimentaria e da sostibilidade A Mariña Lab, promovida por Prato_Do e financiada pola área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A Mariña Lab configurarase como un instrumento para sensibilizar e formar en relación coa alimentación, a sostiblidade e a soberanía alimentaria no ámbito educativo e apoiar a creación e o desenvolvemento de proxectos produtivos neses ambitos, a través de encontros e accións coordinadas entre axentes do sector agroalimentario.
O deputado de Rural Daniel García explicou que “a presentación Burela será o punto de partida para a posta en marcha dunha iniciativa que ofrece recursos de formación, asesoramento e sensibilización para desenvolver o potencial produtivo...
leer másO salón de actos do Concello de Lourenzá acollerá este sábado, día 14 de decembro, ás 19:00 horas a presentación do libro titulado La carpeta del 77.
É unha novela de Alberto V. Serantes e Carmen González, baixo o pseudónimo de Lily Beirut. Trátase da continuación do libro Como si se la hubiese tragado la tierra.
O acto está organizado pola Biblioteca Maravilhas - Escola de Arroxo e colabora o Concello de Lourenzá.
A agrupación cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, anuncia: “o vindeiro venres 13 ás 19:30 horas temos cita co mundo dos libros na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo. Vainos visitar Severino Fernández Abel cun excelente agasallo: unha boa conversa sobre a súa Tradición oral recuperada das tebras”.
Na presentación acompañarán o autor X. Manuel Lobato e Dores Fernández Abel.
O Concello de Barreiros organiza para este xoves, día 21 de novembro, ás 11:00 horas a presentación da súa nova APP turística. O evento terá lugar nas escolas de San Cosme e está dirixido a todas as persoas interesadas, con especial atención ao sector servizos e á hostalaría.
“Esta aplicación, deseñada para ofrecer unha experiencia única, permitirá acceder a toda a información turística do municipio dunha maneira máis práctica e accesible. Esta iniciativa busca modernizar a promoción turística e facilitar o acceso á información, reforzando a aposta do Concello por posicionarse como un destino atractivo e accesible para todos os públicos mellorando a experiencia das persoas visitantes e poñendo en valor os recursos do municipio”, explica o Concello de Barreiros.
A aplicación xa está dispoñible para descargar en...
leer másBurela acollerá, no salón de conferencias, a presentación da 'Guía Micolóxica Básica da Provincia de Lugo'. O acto está impulsado pola Sociedade Micolóxica Lucus en colaboración co Concello, e terá lugar ás 19:00 horas deste xoves, día 7 de novembro.
O Concello de Burela explica que “esta guía, coordinada por Antonio Rigueiro e Julián Alonso e na que tamén colaboran como autores José Castro Ferreiro e María Cristina García-Echave, pretende ser unha ferramenta de utilidade para todas aquelas persoas interesadas en iniciarse no mundo da macromicoloxía en xeral e na realidade da provincia de Lugo en particular. A ‘Guía micolóxica básica da provincia de Lugo’ ofrece un amplo compendio informativo, a través do que se afonda en distintos conceptos básicos sobre fungos, a súa identificación, a súa toxicidade e mesmo respecto da súa aptitude para o consumo. A obra...
leer másEste xoves, día 7 de novembro, na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, será presentada a novela "Nove lúas", do mariñao Lionel Rexes.
O acto celebrarase ás 20:30 horas e participarán Farruco Graña, presidente da Agrupación Cultural Francisco Lanza, que organiza esta presentación, e o propio autor do libro.
A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas e Alcaldesa de Burela, Carmela López Moreno, participou este xoves na casa consistorial do Concello de Burela na presentación da primeira etapa da 12ª Marcha Ciclista Unificada que organiza de Special Olympics. Esta proba, que se divide en catro fasese na que participarán persoas con e sen discapacidade, arrincará o 3 de outubro nos municipios de Burela e Cervo. Tras o seu paso pola comarca mariñá, a cita continuará o día 4 en Santiago de Compostela, o 5 percorrerá o concello de Carballiño e rematará o día 6 de outubro en Vilagarcía de Arousa.
Carmela López puxo en valor o “incansable esforzo que realiza unha vez máis esta entidade por sacar adiante a duodécima edición da Marcha Ciclista Unificada na que os participantes poderán percorrer diferentes puntos da xeografía galega...
leer másO Lugar das Marías, en Xove, acollerá o 6 de setembro a presentación do último libro de Aurora Marco
Aurora Marco presenta este venres, 6 de setembro, o seu último libro “Carmiña Sierra: a primeira muller do Seminario de Estudos Galego”, de Alvarellos Editora, no Lugar das Marías (A Rigueira-Xove).
A obra foi finalista nos Premios Follas Novas como un dos mellores ensaios de 2023, premio que co que autora xa fora galardoada en 2021 coa obra “Irmandiñas”.
A cita terá lugar a partir das 20:00 horas na Rigueira no marco do programa "Contos con café á italiana", que promove o Lugar das Marías e que contará con varias autoras ao longo de 2024.
O vindeiro xoves, 5 de setembro, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación do libro "Un Camino de Cine Xacobeo", escrito pola xornalista Pilar Falcón Osorio. Será no Seminario Conciliar Santa Catalina de Mondoñedo.
Este evento contará coa intervención de Luis Fernández, presidente da FEGAC, Fernando García, bispo de Mondoñedo, Manuel A. Otero, alcalde de Mondoñedo, e a propia autora, Pilar Falcón.
A presentación está organizada polo Seminario Conciliar Santa Catalina e polo Concello de Mondoñedo.












