Presentación

18/09/2023

A novela titulada ‘A montaña do poeta’, escrita por Lionel Rexes, presentarase en Ferreira do Valadouro este venres, 22 de setembro, ás 20:00 horas. O acto, incluído na programación cultural do Concello do Valadouro, será no local social do parque Concepción Arenal e intervirá Lionel Rexes, gañador do premio Lueiro Rey 2021.

A sinopse da novela é a seguinte: “É pouco coñecido o vínculo do escritor Antonio Noriega Varela, alcumado «O poeta da montaña», cunha vetusta construción situada no Alfoz do Castrodouro. Deste feito real parte unha ficción absolutamente contemporánea, unha trama que recrea o ocaso dun rural onde a mocidade loita por atopar oco e onde os anciáns, acompañados dos seus cans, matan o tempo morto legando a bagaxe da vida. No medio desta existencia rutineira, un suceso con esencia ideolóxica sacode a dinámica do municipio...

leer más
12/09/2023

O Concello de Barreiros organiza para este sábado, 16 de setembro, ás 20  horas na biblioteca pública municipal a presentación do libro ‘En Brandán’ da escritora barreirense Lucía Ferro.

Segundo conta a autora, “a obra é unha novela negra no que é a estrutura e o seu desenvolvemento argumental. Pero despois, a maiores, ten bastante humor, os personaxes son moi normais, son xente que atopas nun pobo, nunha vila. Entón tamén atopas unhas conversas máis naturais, cun algún tabú que outro que ou ben se fala directamente ou ben se deixa entender. E logo ten tamén de parte curiosa que dá un aire a obra de teatro, porque cando comecei a escribilo fun poñéndome a min mesma o reto de mellorar as conversas. Así que empecei centrándome máis aí e digamos que iso acabou por facer que sexan o que ten máis peso no libro”.
 
Na biblioteca...

leer más
Etiquetas:
12/09/2023

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias (AFAN), de Burela, abre a súa axenda de actividades do mes do Alzheimer coa presentación en Burela da novela ‘Morir dos veces’, de Alejandro Seral. Será este mércores, 13 de setembro, ás 17:00 horas no auditorio da Casa da Cultura de Burela.

AFAN Burela explica que é “un libro emotivo cun enfoque valente e esperanzador sobre como o autor afrontou o Alzhéimer do seu pai. O acto constará de 2 partes: proxección e comentario dunha reportaxe feita ao autor no Programa ‘Crónica’ de TVE; e presentación da novela con rolda de preguntas”.

Organizan AFAN Burela e Alejandro Seral, coa colaboración das Concellarías de Servizos Sociais e de Cultura do Concello de Burela.
 

Etiquetas:
21/08/2023

O Seminario de Estudos do Valadouro, SEVA, presentará o vindeiro venres, 25 de agosto, ás 20:00 horas no Castelo de Castrodouro un novo caderno, "Ditos e refráns do Valadouro", ilustrados por Xosé Blanco.

Ademais a exposición da súa obra permanecerá na Sala 2 do Castelo ata finais de outubro.  Lionel Rexes, autor da recompilación desta mostra da tradición oral da zona do Val do Ouro será o encargado de abrir o acto no que intervirán tamén Xosé Blanco, pintor e deseñador e membros da directiva do SEVA, entidade que desde 2012 traballa para a dinamización cultural de Alfoz e O Valadouro.   

O Concello de Alfoz, a través da Delegación de Cultura, colabora nesta proposta cultural, agradecendo a implicación do Seminario de Estudos do Valadouro na súa labor de por en valor e dar a coñecer a gran riqueza cultural,...

leer más
Etiquetas:
18/07/2023

 

A Libraría Bahía acollerá o xoves, 20 de xullo, ás 21 horas a presentación do libro Consciencia: a ciencia que nos rescatou da pandemia, de Sonia Villapol. A autora é neurocientífica,  procedente de A Pastoriza mais afincada en Houston, onde investiga e dirixe o Centro Médico de Texas.

No seu libro, conta as consecuencias e incluso beneficios da reacción mundial fronte á COVID a hora de idear coas vacinas en tempo récord para que cesasen as mortes e que a vida puidera volver ao seu cauce habitual o antes posible.

A Libraría Bahía, situada na Avenida da Mariña, 42, de Foz, ofrece a posibilidade de adquirir o libro tanto alí como na súa páxina web.

Etiquetas:
30/06/2023

O mércores, 5 de xuño, ás 20:30 horas Lionel Rexes presenta a súa novela A Montaña do Poeta na Librería Bahía de Foz.

O escritor de Alfoz Lionel Rexes, ven de gañar o premio Lueiro Rey por esta novela na que partindo da relación histórica máis pouco coñecidado  poeta da montaña Antón Noriega Varela cunha vella construción do Alfoz de Castrodouro,  recrea un rural que declina e que se ve sacudido por un acontecemento extraordinario.

 

24/06/2023

Os festivais musicais son unha aposta clara que o goberno local apoia. Así o subliñou esta mañá o alcalde, Dani Vega, na presentación do Pancha Fest, que terá lugar o 30 de xuño. 

O rexedor manifestou que “para o Concello os festivais musicais son unha aposta clara que queremos apoiar. E o que queremos facer en primeiro lugar desde o goberno local é darlles as grazas a este grupo de rapaces, que están a traballar desinteresadamente para levar a cabo o Pancha Fest, pero tamén para organizar as festas patronais. Por iso o noso agradecemento de corazón por este traballo tan importante e desinteresado”.

Para Dani Vega os festivais de Ribadeo deben convertese nun referente en Galicia e na comarca: “e claro que os festivais musicais atraen turismo, tamén supoñen un atractivo cultural para Ribadeo e creo que nos temos...

leer más
Etiquetas:
17/06/2023

O vindeiro mércores, 21 de xuño, ás 20:30 horas estará na Libraría Bahía, de Foz, Brais Lamela para falar o seu traballo Ninguén queda.

Con esta obra Brais Lamela acaba de gañar o premio da crítica, que recae unha vez máis nun libro escrito en galego.

Trátase dunha obra que mestura crónica e novela. Unha xoia narrativa escrita arredor dos poboados de colonización da Terra Chá do franquismo, ocupados pola xente que tivo que deixar as súas casas na  montaña de Fonsagrada pola construción dun embalse. Este episodio está a ser investigado por  un rapaz novo que a día de hoxe está escribindo a súa tese na cidade de Nova York e que se obsesiona polo paradoiro dunha muller que aparece nos documentos e que logo desaparece sen deixar rastro.

A obra explora o desarraigamento, a colonización física...

leer más
Etiquetas:
11/06/2023

Elena Gallego Abad, recoñecida escritora e xornalista galega cunha dilatada traxectoria en medios de prensa e radio de Galicia, presenta mañá en Viveiro a súa novela 'El legado de la niña de la sal'.

Será mañá, 12 de xuño, ás oito da tarde no salón de actos do Conservatorio de Música de Viveiro.

Elena Gallego estará acompañada por Miguel Sande, delegado de La Voz de Galicia na Mariña. 

 

Etiquetas:
19/05/2023

O vindeiro martes, 23 de maio, ás 20:30 horas na Libraría Bahía, de Foz, terá lugar a presentación do libro “Tan odioso como yo”, de Antonio Rodríguez Baixeras.

Trátase da biografía de Francisco de Toledo, aristócrata do século XVI, que recorreu Europa acompañando a Carlos V e foi nomeado virei do Perú por Felipe II deixando fonda pegada nas súas tres grandes cidades: Cuzco, Lima e Potosí. En América é coñecido sobre todo por ter dirixido a execución do descendente inca Tupac Amaru.