Na Libraría Bahía, en Foz, terá lugar o 1 de decembro a presentación de Kéltiga, cartas mitolóxicas galegas.

Este xoves, 1 de decembro, ás 20:30 horas terá lugar na Libraría Bahía, en Foz, a presentación de Kéltiga, cartas mitolóxicas galegas.

Trátase dun xogo de cartas que representan figuras,  lugares e sucesos da mitoloxía galega e que veñen acompañadas dun libro que explica a orixe e sentido das mesmas.

Kéltiga é unha obra de Carmen Tomé, Katova de nome artístico, antropóloga e artista plástica autora das cartas e dos estudio antropolóxico que as acompaña.

Na presentación este xoves estará xunto coa autora, Jacinta Martín coa que relizará  unha representación de tres historias utilizando o teatro xaponés Kamishibai.