A Casa da Cultura Manuel Lourenzo, en Ferreira, acollerá o 17 de maio a presentación do caderno “Cancioneiro do Valadouro”

O día 17 de maio, Día das Letras Galegas, ás 19:00 horas o Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA) presentará o caderno titulado Cancioneiro do Valadouro. Será na Casa da Cultura Manuel Lourenzo.

O SEVA anuncia que será “un encontro único arredor da nosa tradición oral e música popular con recompilación de coplas e pezas recollidas a xentes do Valadouro. Unha cita imprescindible para gozar, lembrar e manter viva a nosa cultura e tradición!”.