Cómic
Este venres, día 8 de maio, ás 20:30 horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, preséntase o cómic titulado O día de San martiño, de Cristian F. Caruncho.
É unha acto organizado pola Agrupación Cultural Francisco Lanza, que anuncia: “este venres 8 de maio vannos acompañar Cristian F. Caruncho e o noso veciño Xermán Viluba para falarnos do excelente cómic O día de San Martiño. Imos poder escoitalos ás 20:30 horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Xermán Viluba xa fixo unha interesante introdución ao mundo do fanzine cando presentamos o libro Fanzines en Galiza, de Ramón Mariño, establecendo un fecundo nexo entre os anos 90, nos que el era estudante, e nos que protagonizou destacados capítulos no mundo da cultura alternativa na Mariña. Nesta ocasión vai poder mergullarse un chisco máis no...
leer másA Biblioteca Maravilhas, que está na Escola de Arroxo (Lourenzá) acollerá este sábado, día 24 de xaneiro, ás 12:00 horas a presentación da banda deseñada de Cristian F. Caruncho titulada O día de San Martiño.
Con esta obra Cristian F. Caruncho gañou no ano 2023 o Premio Castelao de Banda Deseñada.
A Casa da Cultura do Vicedo acollerá este xoves, día 11 de decembro, a presentación do cómic titulado O Día de San Martiño.
“Unha nova actividade na Casa da Cultura! Cristian F. Caruncho, que ben coñecemos porque foi o encargado estes últimos anos da creación dos carteis da Romaxe Viquinga, acaba de presentar un novo cómic chamado O Día de San Martiño. Un divertidísimo western rural”, cheo de acción e humor”, explica o Casa da Cultura, que ademais anuncia: “dividiremos a presentación en dúas partes, unha máis infantil ás 17:30 horas, xa que os nenos e nenas de Primaria xa o coñecen ben e seguro que lles encantará; e a presentación máis oficial para todos os públicos ás 19 horas. O lugar elixido será a biblioteca da Casa da Cultura”.
O Concello de Burela acolle unha actividade de iniciación á banda deseñada na Casa da Xuventude. Trátase dun obradoiro creativo titulado Creando Personaxes de Cómic, con Alberto Guitián. Será o día 9 de novembro, sábado, ás 11:30 horas, e as prazas serán limitadas e asignadas por orde de inscrición, sendo 20 en total.
“No obradoiro, dirixido a rapazada de 10 a 14 anos, aprenderanse as claves e técnicas para construír personaxes de BD e debuxaranse tiras propias. As persoas participantes deberán levar papel A4, lapis, rotuladores de punta fina, ademais do material que queira traer cadaquén”, explica o Concello de Burela.
Para participar hai que inscribirse na Biblioteca Pública Municipal de Burela de luns a venres de 9:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas.
O mércores, 14 de xuño, ás oito e media da tarde estará na Librería Bahía Octavio Beares para falar do cómic galego.
Octavio Beares é autor do libro A historia do cómic en Galicia, publicado por Galaxia, no que fai un repaso da contribución galega a esta arte, na que destaca nas últimas xeracións Miguel Anxo Prado ou Isaac Rubín, ambos merecedores de premios a nivel estatal. Ademais é crítico de cómic no Faro de Vigo, cidade na que reside habitualmente e cofundador da revista Cuco, cadernos de cómic.
Beares exerce como profesor no ensino medio e actualmente está dando aulas no Insitituto de Foz.
O Concello de Viveiro, xunto á área de Cultura da Deputación de Lugo, presenta o cómic conmemorativo do Bicentenario do Afundimento do Bergantín Palomo e da Fragata Magdalena en augas da Ría de Viveiro, un evento que fora celebrado no ano 2010.
O acto de presentación do cómic, realizado por Primitivo Marcos Ferreiro, terá lugar este sábado, 27 de marzo, ás 12:30 na Sala Multiusos da Casa do Concello, con aforo limitado.
A presentación do cómic contará coa participación da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García; María Rosario San Isidro Franco, secretaria da Comisión do Bicentenario 1810-2010; Carlos Nuevo Cal, Cronista Oficial de Viveiro e coordinador da Comisión do Bicentenario 1810-2010; Primitivo Marcos Ferreiro, autor do cómic, e Tareixa Antía Ferreiro Tallón, vicepresidenta da Deputación de Lugo.
... leer más








