Octavio Beares falará do cómic galego o 14 de xuño na Librería Bahía de Foz.

O mércores, 14 de xuño, ás oito e media da tarde estará na Librería Bahía Octavio Beares para falar do cómic galego. 

Octavio Beares é autor do libro  A historia do cómic en Galicia, publicado por Galaxia, no que fai un repaso da contribución galega a esta arte, na que destaca nas últimas xeracións Miguel Anxo Prado ou Isaac Rubín, ambos merecedores de premios a nivel estatal. Ademais é crítico de cómic no Faro de Vigo, cidade na que reside habitualmente e cofundador da revista Cuco, cadernos de cómic. 

Beares exerce como profesor no ensino medio e actualmente está dando aulas no Insitituto de Foz.