A ACD Xove ofrece este domingo, 20 de marzo, unha exhibición de karate e presenta as rutas de sendeirismo para 2016.

A ACD Xove ofrece este domingo, 20 de marzo, unha exhibición de karate e presenta as rutas de sendeirismo para 2016.
 
A ACD Xove organiza para este domingo, día 20, unha exhibición de karate. Será a partir das 18:00 horas no Pavillón Polideportivo e correrá a cargo dos karatekas da Escola de Karate que farán demostracións de katas, kobudo, defensa persoal e distintas habilidades e exercicios técnicos. Xunto cos nenos e nenas da ACD Xove tamén participarán nesta exhibición alumnos e alumnas doutras Escolas de Karate da Mariña.
 
Tamén este domingo a ACD Xove presentará as rutas de sendeirismo que organiza para este año. Farao a través dunha presentación audiovisual feita por Santos Cordovilla e despois terá lugar unha charla-coloquio con todos os asistentes. Esta presentación será a partir das 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove.