O 17 de marzo terá lugar no centro social de Loiba un Faladoiro sobre o Patrimonio do Monte Veciñal de Loiba. Ao remate haberá chocolatada.

A Comunidade de Montes Veciñais en man común de Loiba organiza este domingo, 17 de marzo, un faladoiro sobre o patrimonio do devandito monte.

A xornada, que terá lugar no centro social de Loiba, dará comezo ás 17:30 horas.

Trataranse os temas de O Camiño dos Arrieros e a Necrópolis de Penabranca, a cargo dos poñentes Bernardo Penabade, filólogo, mestre e escritor, e Pepe Riola, experto en camiños, historias e lendas de Ortegal.

O Camiño dos Arrieros comunicaba as areas da beiramar de Bares coas terras do monte Caxado, coñecidas de antigo polo nome de As Pontes de García Rodríguez. Foi unha ruta empregada durante séculos parta o transporte de mercadorías ao lombo de animais de carga conducidos polos arrieros, oficio que veu darlle nome ao camiño.

Ao remate das conferencias haberá unha chocolatada para todos os asistentes.