Na Escola de Oiras (Alfoz) haberá un obradoiro de elaboración de xabón e un faladoiro sobre os lavadoiros públicos o 27 de decembro.

A asociación de veciños San Mamede das Oiras, coa colaboración do Concello de Alfoz, organiza un obradoiro de elaboración de xabón a partir de aceite usado de cociña, así como unha actividade para recuperar a memoria dos tempos dos lavadoiros públicos. Será o luns 27 de decembro e realizarase na Escola das Oiras, a onde os interesados en participar poderán desprazarse nun autobús, que sairá de diante da Casa do Concello ás 17:00 horas e volverá ao remate da actividade, que está previsto que finalice ás 19:00 horas.

Para participar nesta actividade, que é gratuíta e está dirixida a todas as franxas de idade, hai que inscribirse previamente no teléfono 982.558.001 (extensión 3).

A asociación veciñal San Mamede das Oiras tamén ten programada outra actividade, nesta ocasión para lavar á man, o día 29 de decembro, mércores, ás 17:00 horas no Lavadoiro da Rúa, que renovaron recentemente.