Turísticos

01/04/2021

A Asociación de Hostelería de Barreiros acaba de editar un folleto turístico en formatos papel e dixital para promover os atractivos turísticos do municipio e do entorno.

Trátase dunha publicación de catro corpos, plegable que presenta Barreiros como destino turístico  -dentro do xeodestino A Mariña Lucense- comunicando os valores que o diferencian, como a súa historia, a súa costa paradisíaca ou un interior rico e diverso atravesado polo Camiño de Santiago do Norte e con espazos tan emblemáticos dentro de A Mariña, como son a Fervenza do Santo Estevo do Ermo, o círculo lítico A Roda ou o monte Comado.

O ano pasado, a asociación elaborou tamén un cartel en cartón pluma que permitía acceder -a través de códigos QR- ás webs dos establecementos asociados e a outros elementos de interese como ás páxinas de reservas da...

leer más
16/07/2018

O Concello de Mondoñedo, a través da delegación de Turismo, reparte diferentes recursos informativos por varios establecementos hostaleiros da Mariña.

O Goberno local mindoniense proporciona, así, información directa a aquelas persoas que visiten restaurantes, hoteis ou casas de turismo rural de distintos puntos da comarca co obxectivo de“dar a coñecer os nosos recursos históricos, arquitectónicos, culturais, etnográficos e naturais”.Entre eles atópanse a Cova do Rei Cintolo, a Catedral de Mondoñedo, os obradoiros artesáns do barrio dos Muíños ou o roteiro Leiras Pulpeiro.

Polo momento, xa contan con esta nova información turística de Mondoñedo no restaurante Asador, Boavista, Louzao, El Millón, Nito e Hotel Ego; ademais de distintas casas de turismo rural da zona.

A alcaldesa, Elena...

leer más
Etiquetas:
02/07/2018

Acisa Ribadeo repartiu editou 25.000 mapas turísticos, dos que o 75% da foron distribuídos entre os hoteis asociados. Co lema Paseando por Ribadeo estes folletos realizan unha ruta polos lugares máis emblemáticos do concello. Ademais inclúen un listado con todos os establecementos socios da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos. 

O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, explicou que “dentro das actividades que Acisa leva a cabo no marco do convenio asinado co Concello de Ribadeo está a promoción da vila e dos establecementos asociados mediante a publicación de diferentes materiais. En Semana Santa editamos un rueiro detallando os seus comercios, e nesta ocasión trátase dun plano turístico, que inclúe unha ruta con lugares singulares de Ribadeo para visitar, e onde tamén figura un listado de todos os establecementos...

leer más
10/12/2017
O Concello de Mondoñedo inicia a vindeira semana a campaña ‘Este Nadal, regala Mondoñedo’. Así, a administración local  xunto á empresa MariñActiva, -que organizou con éxito as rutas do Mariscal- e a establecementos locais lanzan un lote de paquetes turísticos. Unha nova iniciativa turística para que a “xente merque Mondoñedo a máis merque en Mondoñedo”, segundo explica a alcaldesa Elena Candia, quen puxo en valor a diversidade desta oferta, na que se potencia tanto a natureza, como a gastronomía, a artesanía e a historia da cidade.
 
A rexedora fai fincapé en que “Mondoñedo une colaboración pública e privada para crear o paquete Neste Nadal, regala Mondoñedo”, tanto é así que o obxecto é que “unha escapada con encanto na cidade mariñá se converta no mellor regalo deste Nadal”.Ademais, a través desta...
leer más