A Asociación de Hostelería de Barreiros editou un folleto turistico para promover os atractivos turísticos do municipio.

A Asociación de Hostelería de Barreiros acaba de editar un folleto turístico en formatos papel e dixital para promover os atractivos turísticos do municipio e do entorno.

Trátase dunha publicación de catro corpos, plegable que presenta Barreiros como destino turístico  -dentro do xeodestino A Mariña Lucense- comunicando os valores que o diferencian, como a súa historia, a súa costa paradisíaca ou un interior rico e diverso atravesado polo Camiño de Santiago do Norte e con espazos tan emblemáticos dentro de A Mariña, como son a Fervenza do Santo Estevo do Ermo, o círculo lítico A Roda ou o monte Comado.

O ano pasado, a asociación elaborou tamén un cartel en cartón pluma que permitía acceder -a través de códigos QR- ás webs dos establecementos asociados e a outros elementos de interese como ás páxinas de reservas da Praia de As Catedrais e do Fuciño do Porco, á web oficial de A Mariña Lucense Turismo ou á sección de turismo do Concello de Barreiros. 

Estas accións pretenden aportar valor ós visitantes do municipio, mellorar a sua experiencia de viaxe e colaborar na promoción de Barreiros, dando a coñecer ademáis os servizos de hostelería que aglutina a agrupación.