Masculino

10/02/2020

O Pescados Rubén Burela FS xa ten habilitada a venda anticipada de entradas para a visita de El Pozo Murcia Costa Cálida, correspondente á xornada 21 de Primeira Masculina, o sábado, ás 18.30 horas.

Os soci@s terán acceso gratuíto. O resto do público poderá adquirir a súa entrada a través desta LIGAZÓN, ata  xoves, día 13, ou na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta, Burela) ata o venres, día 14, ás 14.00 horas.

PREZOS NON SOCI@S

0-5 anos: Gratuíto (recollida de entrada no pavillón)
6-17 anos: 5 euros
Adult@: 12 euros

SOCI@S. Gratuíto

01/03/2017

O conxunto barreirense luce una nova cara dende principios de 2017. Dende a chegada de Juan Antonio Fernández ó banco do Praias a dinámica de resultados deu un xiro de 180 grados. Unha derrota, un empate e catro triunfos consecutivos son a bagaxe máis recente do cadro mariñán. Trala derrota como local ante o Arzúa (2-4) o Praias comezou a escalada grazas a un empate no Municipal  (1-1) ante o todopoderoso Culleredo, un resultado co que gañaron  en confianza  e no que sentaron as bases das sucesivas victorias ante o Alameda Xarío (4-1), o Castroverde (4-5), o Vila de Cee (4-2) e a última na complicada pista do Begonte (5-7). Trece puntos acadados nos últimos cinco encontros que supuxeron un ascenso importante na táboa clasificatoria, o Praias de Barreiros ocupa arestora a novena posición da Liga Autonómica Galega Norte con 25 puntos.

Un bo...

leer más