O Praias de Barreiros enfróntase o 4 de marzo ao Stellae FS. Será no pavillón municipal barreirense.

O conxunto barreirense luce una nova cara dende principios de 2017. Dende a chegada de Juan Antonio Fernández ó banco do Praias a dinámica de resultados deu un xiro de 180 grados. Unha derrota, un empate e catro triunfos consecutivos son a bagaxe máis recente do cadro mariñán. Trala derrota como local ante o Arzúa (2-4) o Praias comezou a escalada grazas a un empate no Municipal  (1-1) ante o todopoderoso Culleredo, un resultado co que gañaron  en confianza  e no que sentaron as bases das sucesivas victorias ante o Alameda Xarío (4-1), o Castroverde (4-5), o Vila de Cee (4-2) e a última na complicada pista do Begonte (5-7). Trece puntos acadados nos últimos cinco encontros que supuxeron un ascenso importante na táboa clasificatoria, o Praias de Barreiros ocupa arestora a novena posición da Liga Autonómica Galega Norte con 25 puntos.

Un bo momento no que o clube desexa agradecer o gran apoio recibido por parte do restaurante O Asador del Alba. Por iso, tanto xogadores como directiva visitaron as instalacións situadas na Cruz do Lobo de San Cosme de Barreiros e deixaron constancia coa imaxe que acompaña a esta nota.

No aspecto deportivo, o próximo desafío do cadro barreirense será o próximo sábado, día 4 de marzo, ante o Stellae FS, encontro que dará comezo ás 18:30 horas no Pavillón Muncipal de Barreiros.