O Concello pon en marcha a campaña "Este Nadal, regala Mondoñedo", que inclúe un lote de paquetes turísticos.

O Concello de Mondoñedo inicia a vindeira semana a campaña ‘Este Nadal, regala Mondoñedo’. Así, a administración local  xunto á empresa MariñActiva, -que organizou con éxito as rutas do Mariscal- e a establecementos locais lanzan un lote de paquetes turísticos. Unha nova iniciativa turística para que a “xente merque Mondoñedo a máis merque en Mondoñedo”, segundo explica a alcaldesa Elena Candia, quen puxo en valor a diversidade desta oferta, na que se potencia tanto a natureza, como a gastronomía, a artesanía e a historia da cidade.
 
A rexedora fai fincapé en que “Mondoñedo une colaboración pública e privada para crear o paquete Neste Nadal, regala Mondoñedo”, tanto é así que o obxecto é que “unha escapada con encanto na cidade mariñá se converta no mellor regalo deste Nadal”.Ademais, a través desta iniciativa tamén se invita ás empresas para que elixan Mondoñedo para as súas ceas de Nadal. Os paquetes comezan a comercializarse a vindeira semana dende uns 99 euros.
 
O produto turístico inclúe ata catro paquetes, que se ofertan baixo os lemas O laberinto habitado: descubre Mondoñedo; Os outros Camiños: aventúrate en Mondoñedo; Cociña galega con sabor a Mondoñedo; e Merlín e Familia en Mondoñedo.
 
Descrición dos catro paquetes turísticos
 
- Paquete 1: O laberinto habitado: descubre Mondoñedo. Un paquete que potencia a historia da cidade, antiga capital de Galicia, sede episcopal dende o século XII, cuna de persoaxes ilustres e lugar de tradicións e lendas.  ¡Un lugar único que ten moito que contarche!. Inclúe unha noite de aloxamento e almorzo para dúas persoas, unha visita guiada ao centro histórico, xunto a dúas entradas á Catedral e dúas tamén para a Ruta dos Artesáns; así como un libro sobre Mondoñedo para descubrir todos os recunchos da cidade.
 
- Paquete 2: Os outros camiños: aventúrate en Mondoñedo; dirixido aos máis aventureiros, para que desfruten do patrimonio natural da cidade (covas, cataratas, vales...) e do Camiño de Santiago. Nesta ocasión, o produto inclúe unha noite de aloxamento con almorzo para dúas persoas; xunto a unha ruta de sendeirismo con o Freixo dos Lobos para coñecer A Serra do Xistral así como dúas entradas para a visita guiada ao interior da Cova do Rei Cintolo e un pase para visitar o Centro de Interpretación do Camiño Norte.
 
- Paquete 3: Cociña galega con sabor a Mondoñedo. Ademais dunha noite de aloxamento e almorzo para dúas persoas, inclúe unha cena ou comida con regusto a Terriña e unha tarta de Mondoñedo de regalo.
 
- Paquete 4: Merlín e Familia en Mondoñedo; pensado en desfrutar dunha fin de semana en familia, cunha noite de aloxamento para dous adultos e dous nenos; así como catro entradas e visita guiada ao interior das Covas do Rei Cintolo, xunto a outras entradas para a Ruta dos Artesáns e unha tarta de Mondoñedo de regalo.
 
Condicións de compra e reserva
Os paquetes poderanse adquirir de tres formas. É dicir, de xeito on-line (www.mariñactiva.com), por teléfono (683401865) e na propia sucursal de MariñActiva (ViajesEroski: Avenida Arcadio Pardiñas, 97. Burela-Lugo).
 
O prazo de desfrute destes paquetes é do 6 de xaneiro ao 30 de xuño e do 1 de setembro ao 20 de decembro de 2018.