Paquetes

10/12/2017
O Concello de Mondoñedo inicia a vindeira semana a campaña ‘Este Nadal, regala Mondoñedo’. Así, a administración local  xunto á empresa MariñActiva, -que organizou con éxito as rutas do Mariscal- e a establecementos locais lanzan un lote de paquetes turísticos. Unha nova iniciativa turística para que a “xente merque Mondoñedo a máis merque en Mondoñedo”, segundo explica a alcaldesa Elena Candia, quen puxo en valor a diversidade desta oferta, na que se potencia tanto a natureza, como a gastronomía, a artesanía e a historia da cidade.
 
A rexedora fai fincapé en que “Mondoñedo une colaboración pública e privada para crear o paquete Neste Nadal, regala Mondoñedo”, tanto é así que o obxecto é que “unha escapada con encanto na cidade mariñá se converta no mellor regalo deste Nadal”.Ademais, a través desta...
leer más