Teatral

16/01/2020

O grupo de teatro Obra Viva do Seminario de Estudos Terra de Viveiro ofrecerá a súa última representación da obra Casa Macho de Vicente Míguez.

Será este domingo, 19 de xaneiro, ás 20:00 horas na Casa da Cultura do Vicedo. A entrada é gratuíta.

A obra fala dun conflito familiar e de machismos en clave de humor. Está interpretada por dezasete actores dirixidos por Vicente Míguez.

 

13/12/2017

O Concello de Barreiros programa para o vindeiro domingo, 17 de decembro, unha nova representación teatral.

O grupo Axóuxeres, de Vilaronte, porá en escena Non casei con todos. Trátase dunha obra cómica que reflicte situacións da vida cotiá. A actuación dará comezo ás 18:00 horas e terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme de Barreiros.
Esta actividade está organizada pola Concellería de Cultura, a través da Oficina de Información Xuvenil, do Concello de Barreiros.

 

27/11/2017

A representación de Producións Teatrais Excéntricas terá lugar o sábado, 2 de decembro, ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro. 

A historia conta, mais unha vez, a viaxe ao corazón do dragón que se narra en todas as culturas do mundo, e tamén na nosa, a cultura europea. Un príncipe, Verdemar, foxe do reino materno por ter desobedecido o rei, seu pai. No seu camiñar, cheo de experiencias, vai dar ao reino de Micomicón, que está a tremer baixo o alento fétido do Dragón. Como é costume, débenlle entregar a princesa Brancaflor ao monstruo se queren salvar as vidas e as facendas do reino. Mascarado para ocultar a súa identidade, Verdemar mata o Dragón coa espada máxica e desaparece. Un capitán de bandidos, Espandián, topa a cabeza do monstro, e con ela vai reclamar o premio: a man da princesa e a coroa do reino. Ela rexeita o impostor...

leer más
29/10/2017

O venres, 3 de novembro, ás dez da noite o grupo de teatro do Colectivo Cultural Ollomao porá en escena a súa nova obra no salón de actos dos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante. O sábado 4 haberá unha nova función ás oito da tarde e o domingo 5 unha terceira oportunidade ás seis da tarde. Con esta variedade de horarios procúrase que todas as persoas que o desexen poidan ter oportunidade de achegarse para participar nalgunha das representacións.

A “Enciclopedia Álvarez” é sen dúbida, o libro que con máis claridade identificamos coa escola da época franquista. Un compendio de saberes reunidos nun ÚNICO volume como símbolo daquela escola centrada na transmisión do pensamento “único”, da ideoloxía “única”, da lingua “única”, da relixión “única”,...

A nosa “Enciclopedia Álvarez” é a historia do día a día de...

leer más
24/10/2017

O grupo de teatro O Bordelo, de Cervo, representará a obra O malquerer. Será o vindeiro domingo, día 19, a partires das 18:00 horas, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro en San Cosme de Barreiros.

Esta actuación inclúese no proxecto teatral Buxiganga da Deputación de Lugo que patrocina o evento. Conta coa colaboración do Concello de Barreiros a través da Oficina de Información Xuvenil e da Concellería de Cultura.

 

08/08/2017

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, o Alcalde de Alfoz, Jorge Val Díaz, o Tenente de Alcalde, Xabier Pardiñas Suárez, e o director valadourés, Manuel Lourenzo presentaron no Castelo de Castro de Ouro, “Teatro no Castelo”, coa que a compañía Elsinor representará Derivas. O Goberno da Deputación contribúe con 8.000 euros ao financiamento dos eventos culturais deste Concello, como o festival de cine, as viaxes culturais, a publicación de libros, o mes do teatro, Festival ArcadioMon, ou as OlimpiadasInterparroquiais.

A Deputada remarcou a intensa actividade cultural do Concello de Alfoz, que conta co apoio da Deputación. “Esta obra de teatro representase nun marco incomparable, como é o Castelo de Castro de Ouro, verdadeiro emblema histórico deste Concello. Esta representación celebrase nun entorno privilexiado, que...

leer más