O Bordelo representará o 29 de outubro en Barreiros a obra "O malquerer". A actuación inclúese no proxecto Buxiganga da Deputación de Lugo.

O grupo de teatro O Bordelo, de Cervo, representará a obra O malquerer. Será o vindeiro domingo, día 19, a partires das 18:00 horas, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro en San Cosme de Barreiros.

Esta actuación inclúese no proxecto teatral Buxiganga da Deputación de Lugo que patrocina o evento. Conta coa colaboración do Concello de Barreiros a través da Oficina de Información Xuvenil e da Concellería de Cultura.