Chocolate

Etiquetas:
14/12/2017

A campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro segue enchendo as ruas de ambiente navideño, un montón de actividades e miles de premios. 

Xa apareceron moitos dos premiados dos Rasca e Gaña con 3.000€ en premios directos, Paraugas, Tratamentos de beleza, Ceas, xamóns, Surtidos de queixos, Cofres Vip, Sesions de peluquería e estética,  entradas de cine e Rascas con 5€ de desconto a canxear cas compras nos negocios asociados. 

Dende o luns 18, cas compras realizadas nos comercios asociados repartiranse as papeletas para entrar no sorteo de 3 soldos de 1.200€ cada un en vales de compra, repartidos ó longo dun ano, serán 100€ ó mes durante 1 ano para cada un dos 3 agraciados. O sorteo realizarase o 4 de xaneiro do 2018 ás 20:30 horas na Praza Maior de Viveiro. 

Este venres 15...

leer más
03/01/2017
Os Reis Magos chegarán ao Valadouro o 5 de decembro ás sete da tarde. Unha vez rematada a cabalgata haberá chocolate para todos os asistentes.
 
A Concellería de Cultura do Concello de O Valadouro organiza a tradicional Cabalgata de Reis este xoves, 5 de xaneiro, ás 19:00 horas.
 
A cabalgata percorrerá as rúas da vila saíndo da esquina do Camiño da Cruz con Avenida de Viveiro. Despois seguirá pola Praza de Santa María e a Avenida da Veiga.
 
Ao remate terá lugar a ofrenda ao belén vivinte, e posteriormente celebrarase a recepción das súas maxestades de Oriente na Casa da Cultura do Concello de O Valadouro.
 
Finalizado o programa de actos ofrecerase un chocolate a todos os asistentes.