Xove

01/09/2026

O Concello de Xove anuncia que este martes, día 1 de setembro, abre o prazo de solicitude de matrícula para o novo alumnado que queira formarse musicalmente na Escola Municipal de Música de Xove de cara ao curso 2026-2027. As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude do 1 ao 30 de setembro achegándose ao Rexistro Municipal, onde poderán cubrir e entregar o correspondente impreso de inscrición. Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, o luns 5 de outubro publicarase a lista de alumnado admitido e admitida para o vindeiro curso 2026-2027.

Para este novo curso, ademais de manter as materias e actividades habituais da Escola Municipal de Música, o Concello de Xove anuncia que quere “reforzar especialmente a educación vocal, ampliando a oferta para que esta formación non estea dirixida unicamente ao alumnado...

leer más
Etiquetas:
24/08/2026

O Concello de Xove anima a gozar da XL edición do Festival de San Bartolo, “unha das citas máis esperadas dentro do programa das festas patronais na honra de San Bartolo e a Virxe do Carme”. O festival, organizado un ano máis pola Asociación Cultural Saíñas de Xove, terá lugar o sábado, 29 de agosto, ás 19:30 horas, no Pavillón de Deportes de Xove e ofrecerá ao público “unha tarde de música, baile tradicional, festa e diversión”.

Nesta edición o programa contará coa actuación do grupo Xoaniña da A. C. Saíñas, que “volverá amosar o traballo que desenvolve a asociación a prol da conservación e difusión da nosa cultura e do noso folclore. Como grupo convidado, o festival contará coa presenza da Asociación Folclórica O Arco da Vella, de San Miguel de Reinante, unha formación que achegará a Xove a súa música, os seus bailes e o seu saber facer...

leer más
Etiquetas:
21/08/2026

O Concello de Xove e a Asociación de Festexos Montevelle presentan a programación das festas patronais 2026, que se celebrarán do 27 ao 31 de agosto, cun “amplo programa de actividades pensado para todos os públicos e que combina tradición, cultura, música, gastronomía e lecer”.

As celebracións darán comezo o xoves 27 de agosto ás 12 da mañá cunha actividade infantil na praza anexa á biblioteca a cargo de Caxoto, dentro do programa Ler Conta Moito. Pola tarde o salón de actos do Centro Cívico acollerá o pregón das festas, que será pronunciado por Oliver Escobar, veciño de Xove e catedrático na Universidade de Edimburgo. A xornada rematará coa representación da ópera rock O camiño do amor, do grupo Claxxon, incluída no programa Concertos do Xacobeo.

O venres 28 de agosto continuará a programación coa...

leer más
Etiquetas:
14/08/2026

O Concello de Xove anuncia que a feira de gando do San Bartolo “volverá reunir a tradición gandeira en Penas Agudas o luns 24 de agosto” e engade que “como cada ano e mantendo viva unha tradición que se remonta a tempos ancestrais, o recinto feiral de Penas Agudas, na parroquia de Monte (Xove), acollerá a tradicional Feira de Gando do San Bartolo, unha cita xa consolidada no calendario festivo e gandeiro da Mariña lucense”.

A xornada dará comezo ás 10.00 horas coa recepción do gando no campo da feira. Durante a mañá desenvolveranse os tradicionais concursos gandeiros, nos que se premiará ao gandeiro ou gandeira que presente o maior número de reses cabalares e tamén ao que achegue o maior número de reses vacúas, “recoñecendo así o esforzo e a implicación dos profesionais do sector”, explica o Concello de Xove, que engade: “xa pola tarde...

leer más
Etiquetas:
11/08/2026

O Concello de Xove recomenda á veciñanza que queira observar a eclipse de sol deste mércores, 12 de agosto, que se desprace a zonas seguras e habilitadas, recomendando especialmente a praia de Esteiro e a de Lago como puntos adecuados para gozar da observación. Ademais “por motivos de seguridade queda prohibido achegarse para observar a eclipse desde o Faro Roncadoiro, Punta da Mansa e os Acantilados de Papel, en Morás, debido ao perigo que presentan estes espazos, especialmente durante un acontecemento que pode atraer unha importante afluencia de persoas”, advirte o Concello, que tamén anuncia que a Deputación Provincial de Lugo doou ao Concello de Xove 487 gafas homologadas para facilitar á veciñanza a observación segura do eclipse solar que terá lugar o vindeiro mércores, 12 de agosto. O Concello foi o encargado de distribuír as gafas entre a veciñanza. As...

leer más
Etiquetas:
03/08/2026

As festas de San Pedro Fiz celebraranse esta fin de semana, sábado 8 e domingo 9 de agosto, nas inmediacións da praia de Esteiro, en Xuances  (Xove) cun “completo programa de actividades para tódolos públicos”, anuncia o Concello, que engade: “na presentación do cartaz estaban Demetrio Salgueiro, alcalde de Xove; Cecilia Duarte e Mª Dolores Meitín, concelleiras de Turismo e de Cultura; acompañando a membros da Asociación de Veciños San Pedro de Xuances, que forman a comisión organizadora destas festas: Daniel Alonso, Eleodora López e José Meitín”.

O Concello de Xove anima á veciñanza e ás persoas visitantes a participar nas festas patronais na honra a San Pedro Fiz, que se celebrarán os días 8 e 9 de agosto no campo da festa situado nas inmediacións da praia de Esteiro, “un dos areais máis fermosos e concorridos do municipio, distinguido...

leer más
Etiquetas:
27/07/2026

O Concello de Xove anuncia que a parroquia de Sumoas celebrará os vindeiros 31 de xullo, 1 e 2 de agosto as súas tradicionais festas na honra a San Antonio, “cun amplo programa de actividades relixiosas, gastronómicas e musicais pensado para reunir á veciñanza e aos numerosos visitantes que cada ano se achegan a esta cita festiva”.

As celebracións darán comezo este venres, día 31 de xullo, cunha “gran churrascada popular a partir das 20.30 horas no campo da festa, situado nas inmediacións da igrexa de Sumoas. A continuación celebrarase a verbena, amenizada polo dúo Belinda e o grupo Los Adrianos. O sábado 1 de agosto será a xornada central das festas. Ás 13.00 horas terá lugar a misa solemne e a tradicional procesión na honra ao santo patrón. Ao remate dos actos relixiosos celebrarase a sesión vermú co grupo Folixa, que tamén será o...

leer más
Etiquetas:
13/07/2026

O Concello de Xove anuncia que a celebración das festas patronais da parroquia de Lago na honra da Virxe do Carme e San Antón terán lugar os días 17, 18 e 19 de xullo de 2026 no Campo da Festa de Lago.

As festas darán comezo este venres, 17 de xullo, “cunha cita gastronómica moi agardada. A partir das 20.00 horas servirase un churrasco ao estilo Lago a prezos populares. A continuación celebrarase unha gran verbena amenizada pola Orquestra Salsarena e a Disco Móbil Conxuro. O sábado, 18 de xullo, a música continuará coa sesión vermú a cargo da Orquestra Galaxia. Pola noite, a verbena contará coa actuación da propia Orquestra Galaxia, que compartirá escenario coa Disco Móbil Conxuro, garantindo unha noite de festa e diversión. O domingo, 19 de xullo, último día das festas, celebrarase a misa solemne e procesión na honra da Virxe do Carme e San Antón, ás 13.30 horas. De seguido...

leer más
Etiquetas:
08/07/2026

A Asociación de Festexos A Medorra organiza un ano máis a XIII Festa do Percebe, unha cita xa consolidada no calendario estival do municipio e que terá lugar o sábado 18 de xullo na praza do Centro Cívico de Xove.

O Concello de Xove anuncia que “a xornada dará comezo ás 12.00 horas co acto inaugural e o pregón, que nesta edición correrá a cargo da conselleira do Mar, Marta Villaverde, quen será a encargada de abrir oficialmente unha festa dedicada á exaltación dun dos produtos máis apreciados da nosa costa. Ao longo de toda a xornada, veciños e visitantes poderán degustar percebe de excelente calidade, procedente das nosas costas, recoñecido polo seu extraordinario sabor e pola súa frescura, converténdose nun dos grandes protagonistas gastronómicos do verán mariñán. O ambiente festivo estará garantido coa animación musical de Os Charangos...

leer más
08/07/2026

O Concello de Xove, a través da Concellería de Turismo e Medio Ambiente, presenta o cartel das rutas guiadas que se levarán a cabo durante este verán co obxectivo de dar a coñecer a riqueza natural, xeolóxica, histórica e patrimonial do municipio. A iniciativa, organizada en colaboración coa empresa Rutas Galicia Norte, inclúe catro percorridos gratuítos que “permitirán aos participantes descubrir algúns dos espazos máis singulares de Xove dende unha perspectiva divulgativa e sostible”.

O programa desenvolverase entre os meses de xullo e agosto e inclúe as seguintes rutas: 16 de xullo, Ruta dos Muíños da A Rigueira; 30 de xullo, Os Acantilados de Papel, costa con narrativa; 7 de agosto, San Tirso de Portocelo, un enclave único; e 21 de agosto, Esteiro de Xove, unha xeoloxía singular.

... leer más