Xove
A Asociación Equina A Medela celebrará este domingo, día 17 de maio, a XXVIII edición da súa tradicional Feira de Gando Cabalar en Lago, “unha cita xa consolidada no calendario festivo e ecuestre da comarca e que cada ano reúne a numerosos criadores, afeccionados ao mundo do cabalo e visitantes chegados de distintos puntos da provincia”, anuncia o Concello de Xove, que engade: “a feira desenvolverase ao longo de toda a xornada nunha pista especialmente acondicionada polo Concello de Xove nas inmediacións do Centro Social de Lago, espazo que volverá converterse no centro da actividade cabalar durante este importante encontro”.
Entre as 9:30 e as 10:45 horas terá lugar a apertura do recinto feiral para a presentación dos participantes e as correspondentes medicións dos cabalos inscritos. Ao longo da mañá e tamén durante a tarde celebraranse...
leer másA trixésimo primeira edición do Torneo Concello de Xove de ximnasia rítmica disputarase o día 17 de maio, domingo, no Pavillón Municipal de Xove, en xornada de mañá e tarde.
Na presentación deste evento deportivo estiveron, Demetrio Salgueiro (alcalde de Xove); Cristina Iglesias (concelleira de Deportes); e as adestradoras do Club Rítmica Xove Leticia Quintas e Claudia Vázquez.
“Unha xornada de rítmica na que se xuntarán arredor de 700 ximnastas de diferentes niveis deportivos”, anuncia o Concello de Xove.
O II Preparatorio ao Campionato Provincial de Patinaxe Artística 2026, na modalidade show, celebrarase no Pavillón Municipal de Xove este domingo, día 10 de maio, desde as 12:30 horas.
Neste evento deportivo participarán: Clube Anca, Clube Campelas, EDM Chantada, ED Lourenzá e ACD Xove, que é a entidade organizadora.
O Concello de Xove e a Asociación de Festexos Montevelle organizan para o sábado 16 de maio unha nova edición da Festa das Fillas de María, coñecida popularmente como Festa das Flores, “unha cita xa consolidada no calendario festivo local que encherá de vida, tradición e cor a zona vella da vila, nas inmediacións da igrexa parroquial”.
A programación dará comezo ás 10:30 horas coa apertura de diferentes postos que conformarán un mercado tradicional ao longo da rúa Nosa Señora do Carme. Ademais o público poderá gozar de demostracións de oficios tradicionais, “poñendo en valor o saber facer artesanal”, anuncia o Concello de Xove, que engade: “durante a mañá a Asociación Cultural Saiñas e a charanga NBA animarán Xove cos seus pasarrúas, creando un ambiente festivo e participativo. Ás 13:00 horas celebrarase a misa con ofrenda floral á Virxe,...
leer másO Concello de Xove convoca a quinta edición do concurso fotográfico titulado Cal é o teu lugar preferido de Xove?
Dende a Concellería de Medio Ambiente animan a “nenos/as, adolescentes e persoas adultas a participar nesta nova edición dun concurso que pon en valor a beleza do noso entorno” e explican que “participar é moi sinxelo: saca unha foto no teu espazo preferido de Xove, cubre a folla de inscrición que atoparás na web municipal: https://xove.es. Alí tamén poderás consultar as bases do concurso. Cada categoría conta cun premio de 60 euros para a fotografía máis votada na páxina de Facebook do Concello de Xove”.
Hai tres categorías: Infantil, ata 12 anos; Xuvenil, de 13 a 17 anos (ambos incluídos); e Adultos, a partir de 18 anos.
“Amosa a túa...
leer másA Asociación Cultural Deportiva (ACD) Xove, como organizador, xunto co Concello de Xove, como patrocinador principal, presentaron o VII Xove Costa Trail, que se levará a cabo os días 1, 2 e 3 de maio deste ano.
Explicaron que o Xove Costa Trail “é un evento deportivo que converterá o municipio nun punto de encontro para amantes do trail e da natureza. A programación desenvolverase ao longo de tres xornadas, ofrecendo actividades para todos os públicos e niveis. O venres 1 de maio dará comezo coa andaina, pensada para desfrutar do entorno natural dun xeito máis relaxado. O sábado 2 de maio será a quenda das máis pequenas e pequenos coa celebración da carreira de nenas e nenos, fomentando así o deporte desde idades temperás. O prato forte chegará o domingo 3 de maio, coa disputa das probas principais do trail, con tres distancias (37, 21 e...
leer másA Asociación de Festexos O Alto do Cruceiro, no municipio de Xove, conmemora o seu 20 aniversario coa organización dunha cea-baile que terá lugar o vindeiro sábado 25 de abril a partir das 22:00 horas no pavillón municipal de deportes do Centro Cívico de Xove. O evento titúlase Reencontro´s Fest.
O Concello de Xove explica que “co obxectivo de revivir vivencias e anécdotas, así como lembrar momentos inesquecibles, a entidade promove este encontro para conectar diferentes xeracións, unindo familias e amizades nun ambiente de alegría e nostalxia. O menú será elaborado pola Pulpería Mario de Viveiro e estará composto por empanada, polbo á feira, carrilleiras de porco ibérico ao mencía, carrot cake, café e chupito, cun prezo de 40 euros por persoa e pódense anotar ata o 20 de abril. A velada estará amenizada pola Disco Móbil Conxuro,...
leer másO Concello de Xove convoca a todas as persoas que habitualmente alimentan gatos na rúa en Xove Pobo e Palmeiro a unha reunión informativa, coa finalidade de dar a coñecer a nova ordenanza municipal en materia de xestión de colonias felinas. Será este venres, día 10 de abril, ás 20:00 horas na Aula de Formación do Concello de Xove.
O Concello de Xove explica que “esta normativa foi elaborada conforme a Lei, 4/2017 de Protección e Benestar dos animais de Galicia, e ten como obxectivo garantir unha convivencia adecuada, así como o benestar dos animais e a correcta xestión das colonias felinas no municipio. Durante a reunión explicaranse os principais aspectos do programa, así como os requisitos e procedementos para a obtención do carné de
coidador/a de colonias felinas. Así mesmo infórmase de que unha vez celebrada esta reunión non...
O Concello de Xove anuncia que “continúa a amosar o seu compromiso co tecido asociativo local colaborando coas distintas comisións de festas do municipio. Un ano máis, e con moita ilusión, a Asociación Cruz de Loureiro organiza a tradicional Festa de San Isidoro de Monte 2026, que terá lugar en Penas Agudas os vindeiros días 11 e 12 de abril”.
O sábado 11 celebrarase unha misa solemne, seguida dun xantar popular que estará amenizado polo dúo Belinda e o grupo Fénix. Ao longo da tarde desenvolverase un concurso de pasodobre e bachata. Para anotarse a este xantar está aberto o prazo de inscrición ata o día 8 de abril.
O domingo 12 a xornada comezará ás 10:00 horas cunha ruta de sendeirismo aberta a todas as persoas participantes, que poderá realizarse a pé, a cabalo ou en bicicleta, tal e como sinala a organización...
leer másO Concello de Xove organiza un obradoiro gratuíto para nenos e nenas maiores de 6 anos. Será este sábado, día 11 de abril, ás 17 horas na Casa do Director.
As prazas son limitadas e para participar é imprescindible inscribirse previamente a través do teléfono 691.235.185 (Olalla).
A organización desta actividade explica: “si tu peque tiene más de 6 años, este taller es para él/ella. A través del juego, el movimiento y la respiración, aprenderán a relajarse, concentrarse mejor, conectar con su cuerpo y expresar sus emociones. Un espacio divertido, tranquilo y lleno de buena energía”.












