Xove
O venres 20 de decembro celébrase a VI Gala do Emprendemento Local no Concello de Xove. Está organizada polo Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local.
Co obxectivo de poñer en valor o talento emprendedor e o apoio ao empresariado local, no Salón de Actos municipal ás 20:30 horas o alcalde, José Demetrio Salgueiro Rapa, presentará a Gala na que intervirán Miguel e Julio López López de TALLERES SWISS AUTOS e Laura Lorca González de GLARUAL ECOSHOP.
Eles explicarán como xurdiu a súa idea empresarial, cales foron as principais motivacións, cales cren que son as súas calidades como persoas emprendedoras, cales son os puntos fortes da súa empresa, como foi o proceso de creación empresarial: avaliación da idea, busca de financiación, busca de clientela, tramitacións, axudas, os atrancos cos que se atoparon, se...
leer másA Delegación de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Políticas de Igualdade do Concello de Xove pon en marcha para o vindeiro Nadal o programa de Conciliación da Vida Laboral e Familiar para nenas/os de 3 a 10 anos, durante os días laborais das vacacións escolares de Nadal, de 8:45 a 14:30 horas.
As inscricións realizaranse na OMIX ata o 16 de decembro.
Este xoves, día 5 de decembro, ás 18:30 horas na Praza do Concello inaugurase a iluminación de Nadal de Xove, co acendido da árbore e do resto de grilandas, anuncia o Concello.
No acto haberá unha actuación musical con panxoliñas interpretadas polas voces e os violíns da Orquestra Municipal de Música de Xove.
Dende o Delegación de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e políticas de Igualdade do Concello de Xove organízase durante a próxima semana unha serie de actos en conmemoración do 25N.
Dende o Concello sinalan: “consideramos vital para cambiar o futuro o traballo coas novas xeracións na concienciación e na importancia da educación en igualdade, para combater a violencia machista”.
25 NOVEMBRO: Proxección das VIÑETAS NARRADAS polo alumnado do CEIP Pedro Caselles Rollán e do IES Illa de Sarón, ás 11:00h. no Salón de Actos. A continuación, lectura de MANIFESTO e creación de un gran LAZO morado na praza do Concello, simbolizando a importancia de cada voz na unidade fronte á violencia contra as mulleres.
25 NOVEMBRO: Decoración da fachada da Casa Consistorial co LAZO morado, símbolo da loita...
leer másA Biblioteca Municipal de Xove convoca o concurso de postais de Nadal 2024-25.
Hai 5 categorías con tres premios para cada unha: de 4º a 6º de Educación Infantil; 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de Primaria; e de 1° a 4º de ESO.
Poderá participar nenos e nenas e rapaces e rapazas do concello de Xove, que deberán presentar postais de Nadal tamaño cuartilla (metade dun folio) na Biblioteca Municipal de Xove ata o día 13 de decembro incluído.
As bases deste concurso están depositadas na Biblioteca Municipal e publicadas na páxina web do Concello: http://www.xove.es.
O Concello de Xove organiza diversas actividades contra a violencia de xénero desde este xoves, día 21 de novembro, ata o 9 de decembro.
Este xoves proxectarase o documental titulado "En deuda con todas", actividade de Cineforo ACPP (Fondo Galego de Cooperación). Será ás 20:30 horas na Aula de Formación.
O luns 25 de novembro haberá unha proxección das Viñetas Narradas polo alumnado do CEIP Pedro Caselles Rollán e do IES Illa de Sarón ás 11:00 horas no Salón de Actos. A continuación terá lugar a lectura dun manifesto e a creación de un gran lazo morado na Praza do Concello, simbolizando a importancia de cada persoa na unidade fronte á violencia contra as mulleres.
Para o día 2 de decembro, luns, está programado o taller titulado “Os cambios na pubertade e a chegada da menstruación”,...
leer másO GALP A Mariña Ortegal explica que “aprender de experiencias que poñen en valor o patrimonio cultural ligado ao mar, á zona costeira e á tradición mariñeira é unha boa maneira de fomentar o crecemento económico do territorio a través de iniciativas que potencien a economía azul. A cultura é un importante elemento que pode dinamizar e servir de base para que o sector pesqueiro se involucre en proxectos que van máis alá do puramente produtivo e extractivo, vinculado aos recursos pesqueiros. O patrimonio cultural é un factor que contribúe ao desenvolvemento turístico é á xeración de riqueza nas zonas costeiras, motivo polo cal dende o GALP A Mariña Ortegal se está organizando unha xornada que abordará esta temática, co obxectivo de promover proxectos que incrementen o valor engadido para o sector pesqueiro e contribúan á diversificación das súas actividades,...
leer másO salón de actos do Concello de Xove acollerá un taller sobre a menopausa o día 8 de novembro, venres, ás 19:00 horas. Será impartido pola matrona María González Cociña.
É unha actividade organizada polo Departamento Municipal de Servizos Sociais do Concello de Xove, que explica que é “un taller que ofrece información detallada sobre os cambios hormonais e físicos que acontecen xa na perimenopausia e logo na menopausia, proporcionando ferramentas moi útiles e valiosas para afrontar mellor estas etapas da vida”.
A sétima edición da Marcha Xoviética de bicicletas todoterreo celebrarase este domingo, 20 de outubro, en Xove.
A organización corre a cargo do Club Ciclista Komando Xoviético, que explica que é unha proba deportiva “para todos os públicos e amantes do ciclismo de montaña. Trátase dunha marcha non competitiva, apta para todos os niveis”.
A entrega de dorsais e bolsa de corredor será o día da proba de 8:30 a 9:15 horas no Pavillón do Concello de Xove. A saída da proba será ás 9:30 horas, a ruta é de aproximadamente 37 quilómetros e 1.200 metros de desnivel acumulado.
As inscricións fanse a través da páxina web https://fgalegaciclismo.es/ e o prazo remata este mércores, 16 de outubro.
O Alto do Cruceiro, localidade da parroquia de Xuances (Xove), celebrará a Festa do Ramo desde o venres 4 ata o domingo 6 de outubro.
As actividades empezarán o venres ás oito da tarde coa XVI Festa dos Callos, na que cada ración con pan e viño terá un prezo de 9 euros. E na verbena actuarán a orquestra Marbella e Discomóbil Conxuro.
O sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión e ás 14:00 horas comezará a sesión vermú coa orquestra Magos, que tamén actuará na verbena xunto á Discomóbil Conxuro.
E o domingo ás 13:00 horas haberá sesión vermú prolongada con Verónica Cambón.
Da organización encárgase a Asociación Cultural e de Festexos Alto do Cruceiro, que destaca que o campo da festa estará cuberto por unha gran carpa.