Supercopa

Etiquetas:
08/01/2021

O salón de plenos do Concello acolleu este venres a presentación da Supercopa de España de Fútbol Sala Feminino, que se disputará mañá na localidade no pavillón Vista Alegre. O Burela Pescados Rubén medirase ao Poio Pescamar ás 12 do mediodía. Un total de 200 persoas poderán ver en vivo o encontro. As entradas poranse á venda na billeteira do pavillón a partires das nove da mañá ao prezo de 5 euros no fondo e de 8 euros nas gradas laterais. Os afeccionados que non se fagan con esas entradas poderán ver o partido pola televisión, xa que será retransmitido por Teledeporte. 

Desde o Concello indicaron que “se seguirán todos os protocolos marcados polas autoridades sanitarias por mor da pandemia do covid 19”.  

E subliñaron “a repercusión a nivel nacional que ten este evento deportivo. É moi importante para a imaxe do...

leer más
23/12/2020

Burela acollerá a Supercopa de España de fútbol sala feminino o vindeiro 9 de xaneiro de 2021. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, asegurou que é un motivo de orgullo seguir organizando eventos deste tipo pola proxección que supoñen para o municipio e pola repercusión que terá na hostalería e no comercio locais. 

O edil burelés contou que “desde a Delegación de Deportes do Concello de Burela queremos anunciar que hai unha semanas tanto a Federación Galega de Fútbol Sala como o propio club, Burela Fútbol Sala, se puxeron en contacto con nós para ver a posibilidade de organizar aquí a Supercopa de España de fútbol sala feminino. E desde o primeiro momento tivemos interese en que viñera para aquí esa Supercopa de España porque estas guerreiras que temos merecen que se fagan todos os esforzos posibles para que elas poidan xogar diante...

leer más