A andaina “Burela en marcha contra o cancro” celebrarase o 4 de febreiro

A primeira andaina “Burela en marcha contra o cancro” celebrarase o domingo 4 de febreiro a partir das 11:00 horas, dende a Praza da Mariña ata a praia da Marosa, ida e volta. Está organizada pola Asociación Española Contra o Cancro en Lugo coa colaboración do Concello de Burela.

A inscrición con camiseta ten un custe de 10 euros e pode facerse a través do link https://enmarcha.contraelcancer.es/es/evento/marcha-burela ou de forma presencial: de luns a venres de 9:00 a 11:00 horas na sede da asociación organizadora en Burela, que está en Praza da Mariña, 13, 2º planta, local 32.

“Se queres colaborar e non podes participar podes sumar cunha doazón, ca achega que ti elixas. Para calquera dúbida ou aclaración podes chamar ao teléfono 658.872.196”, explica a organización.