Acisa Ribadeo colabora coa AECC realizando unha recollida de donativos en arredor de 80 establecementos do 12 ao 20 de outubro.

Acisa colabora coa Asociación Española Contra el Cáncer realizando unha recollida de donativos do 12 ao 20 de outubro. Arredor de 80 establecementos contarán con huchas para que a clientela que queira poida deixar as súas achegas. 

Desde Acisa consideran que “colaborar e participar en campañas solidarias como esta é un deber moral, non nos costa nada e podemos axudar a moitas persoas, por iso a AECC e a súa agrupación de Ribadeo contan co noso apoio e a nosa colaboración”. 

Acisa dalle ás grazas “á AECC por contar con nós para levar adiante esta campaña. E queremos darlles a noraboa polo traballo que fan día a día axudando e apoiando ás familias e ás persoas afectadas polo cancro”. 

A campaña foi presentada este mediodía polo vicepresidente e polo xerente de Acisa, Juan Andina e Jesús Pérez.