SEVA

03/08/2026

A presentación  do caderno número 18 do Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA), dedicado a seis pintores, terá lugar este sábado, día 8 de agosto, ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.

Seis pintores do Valadouro é o título da nova publicación do SEVA, un caderno no que se trata a obra de seis artistas plásticos: Carmen Ossorio, Xosé Blanco, Arturo Mogo, Hipólito Xeada, Alaxe e Mar Vicente. O prólogo correu a cargo da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con fondas raíces no Alfoz do Castrodouro que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo.

O SEVA anuncia tamén que cinco dos pintores protagonistas do caderno (Alaxe faleceu hai tres anos) estarán presentes no acto.

A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco.

19/08/2025

O Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA) organiza un evento en memoria do actor e dramaturgo Manuel Lourenzo, recentemente falecido. Será  este sábado, día 23 de agosto, ás 20:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura Manuel Lourenzo do Valadouro.

Nesta actividade, titulada Acto de gratitude a Manuel Lourenzo, haberá un relatorio de Xesús Pisón; lecturas dramatizadas a cargo de Santiago Fernández, Inma Orol, Daniel Otero, Sabela Quirós, Helena Cornide e Moncho da Lomba; e actuacións musicais de Miro Casabella, Ugia Pedreira e Mano Panforreteiro.

Ademais o Seminario de Estudos do Valadouro  vai enviar nos próximos días ás bibliotecas municipais da Mariña e ás asociacións culturais, así como a outros organismos e institucións galegas, a colección de Cadernos que leva publicados desde a súa creación no...

leer más
Etiquetas:
22/04/2025

O Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA) presenta o seu Caderno 16, co título O Valadouro: apuntamentos históricos, de Xosé Martínez Cobos. Será este venres, día 25 de abril, ás 19:30 horas na Casa da Cultura de Alfoz.

Este acto está organizado polo Seminario de Estudos do Valadouro e colabora o Concello de Alfoz.