O SEVA presentará o 25 de agosto no Castelo de Castrodouro, en Alfoz, o caderno "Ditos e refráns do Valadouro", ilustrados por Xosé Blanco.

O Seminario de Estudos do Valadouro, SEVA, presentará o vindeiro venres, 25 de agosto, ás 20:00 horas no Castelo de Castrodouro un novo caderno, "Ditos e refráns do Valadouro", ilustrados por Xosé Blanco.

Ademais a exposición da súa obra permanecerá na Sala 2 do Castelo ata finais de outubro.  Lionel Rexes, autor da recompilación desta mostra da tradición oral da zona do Val do Ouro será o encargado de abrir o acto no que intervirán tamén Xosé Blanco, pintor e deseñador e membros da directiva do SEVA, entidade que desde 2012 traballa para a dinamización cultural de Alfoz e O Valadouro.   

O Concello de Alfoz, a través da Delegación de Cultura, colabora nesta proposta cultural, agradecendo a implicación do Seminario de Estudos do Valadouro na súa labor de por en valor e dar a coñecer a gran riqueza cultural, histórica e patrimonial do Val.