A Peña Barcelonista San Miguel celebrará o vindeiro domingo, 20 de decembro, a súa comida de Nadal. Será en Benquerencia.

A Peña Barcelonista San Miguel celebrará o vindeiro domingo, 20 de decembro, a súa comida de Nadal. Será en Benquerencia.
 
A Peña Barcelonista San Miguel celebra o vindeiro domingo, 20 de decembro, a comida de Nadal. 
Ademais do Nadal, a Peña celebra o seu aniversario, xa que aló polo ano 1997 un grupo de afeccionados ó Barça fundaron a Peña Barcelonista San Miguel, sendo o 20/12/1997 a data da Asamblea constituinte onde quedaría legalmente fundada. Dende aquela, 18 anos animando ó Barça por toda España e no estranxeiro, estando representada a peña en todas as finales de Champions nas que participou o Barça dende a fundación desta. 
A actividade da Peña non se limita só a viaxar para ver partidos de fútbol, todas as semanas se reúnen no Oliñas do Mar para ve-los partidos por TV, organizan torneos de básket, participan na organización de carreiras populares, teñen organizado concursos de postais e algún torneo de fútbol 7, sempre cunha intención, fomenta-lo deporte na zona e defender as súas cores, as azul e grana. 
Para este domingo celebran unha comida na que desexan sirva tamén para celebrar o título do Mundial de Clubs, aínda que queren ser cautos en canto ó resultado. 
A comida será no Restaurante Oliñas do Mar de Benquerencia, a partir das 14.30 h. O prezo para socios e acompañantes será de 5 € e para non socios de 15 €. Constará de 1º e 2º prato a elixir, postre, café e chupito. Para apuntarse poden dirixirse ó tfno. 649 57 13 60. 
Ademáis desta comida, a Peña ten previsto para esta temporada organizar desprazamentos a Xixón, San Sebastián e Coruña para ver e animar en directo ó Barça, así como unha cea ou comida de remate de temporada e a asistencia á Xuntanza de Peñas barcelonistas galegas que se celebrará no mes de xuño en Boiro.