O 21 de marzo preséntase en Cervo a 7ª Semana das Artes, que está dedicada a Quique Guerra.

O dia 21 de marzo ás 12 da mañá terá lugar o acto de presentación da 7ª Edición da Semana das Artes. Será na Sala de exposicións do Complexo de Sargadelos en  Cervo. Están invitadas a compartir dito acto, tódalas entidades colaboradoras : Xunta de Galicia (Cultura e Política Lingüística), Área de Cultura da Deputación de Lugo, Mancomunidade da Mariña e os Concellos de Cervo e Foz. 

Ao acto asistirá a familia de Quique Guerra, artista veciño de Cervo a quen se lle rende a homenaxe desta 7ª edición. Farase a presentación do cartel e os pormenores do desenvolvemento das actividades iniciadas no mes de xaneiro e que abarcarán ata o 17 de xuño inclusive.