O 17 de decembro celébrase en Xove a III Gala do Emprendemento Local, que organiza o Concello.

Este venres, 17 de decembro, celébrase a III Gala do Emprendemento Local no Concello de Xove, organizada polo Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local.

Co obxectivo de poñer en valor o talento emprendedor e o apoio ao empresariado local no Salón de Actos municipal ás 20:30 horas o alcalde, José Demetrio Salgueiro Rapa, presentará a Gala na que intervirán Lucía Canoura de O Lugar das Marías e Alberto García de Signo Grupo Futures.

O evento estará amenizado pola cantautora Ugía (A Pedreira) que, ademais de cantar a canción TRISTRÁS, que a fixo televisivamente coñecida a cantora Sabela en OT, interpretará novas de recente composición. A artista focense afincada actualmente en Asturias está a piques de editar o seu novo álbum despois de 7 anos apartada do circuíto convencional da música. Chámase Segmento Cantábrico e é unha oda aos pobos, ou ás casas que a acollen nestes anos atrás: A Mariña, Asturias, Euskadi e a Bretagne (Francia)

Para asistir á a este evento, poderase facer a reserva no 982592001, tamén se reservará un mínimo do 10% das prazas para asignar no momento do evento por orde de entrada.