Bateis
O día 7 de febreiro, sábado, o porto de Celeiro converterase no escenario da IV Bandeira de Bateis Concello de Viveiro, un evento deportivo que “promete emoción e adrenalina. A competición comezará ás 16:00h e contará coa participación dos mellores clubs da zona norte de Galiza”, anuncia o Club de Remo Celeiro, que ademais explica “esta debería ser a terceira xornada da Liga Galega de Bateis, pero debido as inclemencias meteorolóxicas tivéronse que adiar as dúas anteriores polo que, se o tempo o permite, a organizada polo Club de Remo Celeiro dará o pistoletazo de saída a esta gran liga”.
Tamén indica que se realizou nas instalacións do club a presentación do evento, “onde grandes e pequenos, mostraron o seu entusiasmo, exhibindo os carteis e bandeiras que se entregarán como premio ós clubs gañadores. Na presentación Belén Pérez,...
leer másO Concello de Viveiro acolleu a presentación da regata III Bandeira de Bateis Concello de Viveiro, organizada polo Club de Remo Celeiro. Terá lugar no porto de Celeiro o día 8 de marzo, sábado. O evento deportivo comezará ás 15:30 horas.
Participaron na presentación a alcaldesa, María Loureiro, e tres representantes do club: a súa presidenta, Belén Pérez Pérez; a tesoureira, Lucía Esquerdeiro Cabarcos; e o secretario, Óscar Canoura González.
Participarán na proba entre 10 e 12 clubs do norte de Galicia en todas as categorías, dende alevín a veteranos. Todos os clubs participantes proveñen da provincia da Coruña agás o propio Club de Remo Celeiro, único representante da provincia de Lugo.
“É unha excelente noticia que se celebre un ano máis esta regata, que se realiza grazas ao enorme...
leer más




