Vehículos

29/09/2025

Este ano celebrase a 11ª edición de Vespafaba & Clásicos Lourenzá e, como ven sendo costume, cun formato de dous días, 4 e 5 de outubro. Na presentación deste evento participaron a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; o concelleiro de Cultura, Manuel Arango; e o deputado provincial da Área de Rural, Daniel Garcia, xunto a membros da organización deste evento, que destaca que é “unha cita consolidada xa no calendario dos eventos de vehículos clásicos e motos, sobre todo da mítica Vespa, que atrae participantes de todo Galicia, Asturias e Castela e León”.

O sábado 4 de outubro é o día dedicado a scooters e motos clásicas. A recepción deses vehículos será na rúa Fernández del Riego a partir das 10.00 horas, onde desde as 12.00 se celebrarán una xincana e probas de habilidade, “algo moi entretido que capta a atención de numerosos visitantes...

leer más
02/09/2025

O Concello de Viveiro presentou este martes a III Xuntanza de Vehículos Clásicos Viveiro, que terá lugar o día 13 de setembro, sábado, no aparcamento dos Castelos, en Covas. 

A cita reunirá coches, motos e outros vehículos clásicos. O programa da xornada inclúe a recepción e inscrición á ruta ás 10:00 horas, a saída dunha ruta turística con pinchos e sesión vermú arredor das 12:00, música en Discobar Flora (Area) ás 20:00 horas e unha festa na Conservera (Celeiro) a partir das 22:30 co grupo Sa Salvaje.

As inscricións permanecerán abertas ata o 9 de setembro nos teléfonos 699.249.738 (Sandra) e 650.652.073 (David). O prezo é de 35 euros para adultos, 20 euros para participantes de entre 5 e 15 anos, e de balde para menores de 5 anos. A inscrición inclúe unha camiseta e outros agasallos.

A...

leer más
Etiquetas:
27/08/2025

Esta mañá deu comezo en Ribadeo o XIV Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, organizado por Apaga. Nesta edición, que se prolongará ata o venres, participan ponentes chegados desde Colombia e desde Portugal. 

No acto de inauguración interviñeron o alcalde, Dani Vega, o director territorial de  Economía e Industria, Gustavo Casasola, e o presidente de Apaga, Álvaro Doural. Máis de 50 persoas procedentes de diferentes puntos da xeografía española asisten a este Fórum no que se abordan cuestións como a diagnose de vehículos híbridos/eléctricos, os incendios nas baterías de vehículos eléctricos ou a internacionalización da asociación Apaga, entre outras. Ademais os asistentes achegaranse á Formación Profesional que se imparte en Colombia ou das mobilidades europeas de alumnos que son acollidos en empresas de Portugal. 

... leer más
17/05/2025

O Concello de Mondoñedo anuncia que “vén de presentarse a XI edición da Xuntanza de Coches Clásicos de Mondoñedo que se celebrará na cidade episcopal o sábado 21 de xuño de 2025”. No acto participaron o alcalde, Manuel Otero, e a concelleira Patricia Otero.

Está organizada pola Asociación Clásicos Mindoniense Mira e Anda, que conta coa colaboración do Concello de Mondoñedo, entre outras entidades.

10/10/2024

La cuarta concentración de vehículos clásicos en O Vicedo se celebrará el día 26 de octubre, sábado.

Las actividades comenzarán a las 10:00 horas con la recepción de los vehículos en el centro urbano. Desde las 12:00 horas realizarán una ruta turística y a las 14:30 habrá una comida con entrega de premios.

La organización corre a cargo del Club Clásicos O Vicedo, que anuncia: “contamos con plazas limitadas. El plazo de inscripciones estará abierto hasta el día 21 de octubre”.

27/08/2024

O Club Clásicos Viveiro convoca a todos os amantes dos vehículos clásicos para unha cita o vindeiro 14 de setembro en Viveiro. A partir das 10:00 da mañá, no aparcamento Os Castelos, celebrarase a II Xuntanza de Vehículos Clásicos. Será unha xornada única onde os asistentes poderán gozar de rutas, sesión vermú con animación, comida, sorteos e moita diversión.

As reservas para o xantar pódense realizar chamando aos números 699 249 738 ou 650 652 073, coa data límite de inscrición ata 10 de setembro. Para pechar o día, a partir das 20:30 haberá Festa da Cervexa e da Empanada.

 

Etiquetas:
23/08/2024

O vindeiro mércores, 28 de agosto, arrincará en Ribadeo o XIII Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que organiza Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia). 

Medio cento de persoas participarán nunha cita, que conta coa homologación da Consellería de Educación. O presidente de Apaga, Álvaro Doural, explicou que “os participantes son de Galicia principalmente. Tamén hai xente da zona de Toledo, de Murcia e tamén de Asturias, pero a maioría son xente de Galicia. Trátase de profesores de FP, técnicos de talleres, persoas vinculada ao mundo do motor e este ano tamén contamos cun grupo de alumnos da Universidade de A Coruña”.

O obxectivos do Fórum de Apaga son: establecer un punto de encontro entre o profesorado da familia profesional de transportes e mantemento de vehículos, coñecer as...

leer más
Etiquetas:
21/08/2023

Ribadeo acollerá do 30 de agosto ao 1 de setembro o XII Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que organiza Apaga, e ao que acudirán medio cento de participantes procedentes de Madrid, Asturias, Castela-León e Galicia.

O presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, Álvaro Doural, explicou que “se segue mantendo máis ou menos o mesmo esquema de traballo que en anos anteriores. É dicir, hai unha parte dedicada ás conferencias e outra aos talleres”.

Doural contou que “a inauguración será o 30 de agosto ás 10 da mañá nas nosas instalacións. Esa xornada contaremos coa participación da empresa Enriel e Manuel Lage (doutor enxeñeiro industrial en Madrid e Bilbao), que é unha persoa que traballou en Iveco, en Barreiros… e que agora está xubilado e é un dos nosos novos colaboradores. Lage vai...

leer más
Etiquetas:
28/10/2018

Os días 2, 3 e 4 de novembro terá lugar a XV Ruta 4x4 Montes da Mariña organizada polo Club Os Correcamiños. Na presentación deste evento participou o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira.

A ruta 4x4 Montes da Mariña é unha das citas máis importantes de toda España no mundo dos 4x4, con 500 vehículos participantes (150 motos, 150 quads e 200 coches) procedentes de lugares como Portugal, Madrid, Teruel, Barcelona, Bilbao, San Sebastián, Ciudad Real, entre outros.
 
O programa de actividades comezará a desenvolverse o venres 2 de novembro cunha recepción e pinchos no pavillón do colexio Martínez Otero, de Foz. O sábado 3 haberá ruta polos montes da Mariña, que discorrerá polos concellos de Alfoz, O Valadouro, Lourenzá, Mondoñedo, Barreiros, Cervo e Foz. A comida será en Ferreira do Valadouro e despois de volver á vila focense...

leer más
Etiquetas:
24/08/2018

APAGA organiza a sétima edición do Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos que se celebrará en Ribadeo entre os días 28 e 31 deste mes de agosto. O presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, Álvaro Doural, estivo acompañado na presentación celebrada na tarde de onte no hotel O Cabazo  polo presidente da Deputación, Darío Campos, o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano, e o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente. Este ano celebraranse, por primeira vez, algunha das actividades do programa en Madrid e en Pamplona, posto que APAGA conta cada vez con máis socios fora de Galicia.

O presidente de APAGA, Álvaro Doural, explicou que “o día 28 imos ter unha actividade, que é exclusivamente para técnicos de empresa, relacionada co...

leer más