A ACD Xove ten aberto ata o 28 de outubro o prazo de inscrición nas escolas deportivas culturais.

A Asociación Cultural Deportiva Xove anuncia que ten aberto ata o 28 de outubro o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas Culturais da tempada 2020-2021.

Para participar nestas escolas é preciso ser socio da entidade e aquelas familias ou alumnos/as que se queiran incorporar como socios deberán poñerse en contacto coa xunta directiva da asociación para tramitar a súa inscrición de alta. A cota de socio é 10 euros ao mes por familia, en pagos semestrais, tendo dereito a participar en todas as escolas ou actividades organizadas pola ACD Xove, así como descontos ou gratuidade nas equipacións deportivas que se poñen á venda.

As escolas que se ofertarán para este curso son: patinaxe artística, xadrez, atletismo, bádminton, surf e pintura. Haberá tamén unha escola de natureza. 

Comezarán, si a situación actual o permite, o 3 de novembro. 

Para poñerse en contacto coa xunta directiva pódese chamar ao número de teléfono 618 97 61 59, ao correo electrónico a.c.d.xove@hotmail.com. e no buzón de correos do pavillón polideportivo de Xove. Para obter máis información  na páxina web www.acdxove.es ou www.acdxove.com. e no facebook da asociación.