Unha exposición histórica sobre Francisco Landín Pazos e outra artística sobre Janet Felton poden visitarse en Ribadeo ata o 5 e o 6 de agosto respectivamente.

Unha mostra histórica e outra artística poden visitarse en Ribadeo ata o 5 e 6 de agosto respectivamente. Por unha banda, entre o martes 1 de agosto e o sábado 5 de agosto pode visitarse a exposición “Francisco Landín Pazos. Unha alborada para Ribadeo”, a cargo de Felipe Rea Otero, na oficina de turismo de Ribadeo. Neste caso está organizada pola asociación Amigos da Gaita Galega.

Por outra banda, dende o 26 de xullo e ata o 6 de agosto poderán coñecerse tamén as pinturas de Janet Felton en “Reflexións” sobre Castropol e Ribadeo, que se atopa na sala de exposicións do Campo San Francisco. O horario de apertura será de 17.30 a 21.30 horas.

Ambas mostras contan coa colaboración do Concello de Ribadeo.