Do 3 ao 27 de agosto poderase visitar en San Ciprián a mostra "A península máxica", de Gloria Arranz Pardo.

Entre os días 3 e o 27 de agosto poderase visitar a exposición “A península máxica” na Casa da Cultura de San Ciprián. A mostra comprende unha vintena de pezas da obra de Gloria Arranz Pardo. O horario de apertura  de luns a venres será de 9 a 15 horas.

Desde o Concello de Cervo comentan que “a obra en si é unha homenaxe a San Ciprián xa que moitas das obras están protagonizadas por lugares emblemáticos da vila”.