pintura
Ata o 20 de febreiro pódese visitar na Casa da Cultura, de San Ciprián, a exposición de gravado e debuxo de Comeluz, artista polifacético natural das Pontes.
A mostra está composta por unha serie de estampas (gravados, litografías, linóleos, serigrafías e xilografías), debuxos e pinturas que o artista puido desenvolver durante os seus anos de estudo das Artes en Lugo e Salamanca, así como de varias pezas realizadas nos últimos anos.
No acto de inauguración participaron o alcalde, Alfonso Villares, e outros membros do equipo de goberno.
O complexo Regalxunqueira de Viveiro acolle do 15 de decembro ata o 31 de xaneiro a exposición de pintura "Catro Médicos por Viveiro", de Jesús Vázquez, Leo García, Pablo Galego e Tino Cuesta.
O grupo de pintura Cuatro Médicos é creado por Jesús Vázquez no Nadal de 2013, e está integrado por Leo García Méndez, médico en Vigo; Tino Cuesta, médico en Osoro; o ferrolán Pablo Galego, médico en Santiago de Compostela; e o propio Jesús Vázquez, médico en Lugo. Todos eles móvense no mundo do expresionismo, e contan cunha ampla traxectoria artística anterior á constitución deste grupo pictórico e paralelamente ao mesmo.
A Casa da Cultura de San Ciprián acolle ata o día 15 de decembro unha exposición de Sergey Sozonov titulada La chica del pazo.
A obra que este artista ruso, afincado no concello coruñés de Ortigueira, expón nesta mostra é unha serie de óleos sobre lenzo co desnudo feminino como protagonista. Como escenario das distintas imaxes aparece o interior dun pazo abandonado coa muller que podería ter sido un dos seus antigos moradores.
El complejo Regal Xunqueira de Viveiro expone hasta finales de noviembre la primera entrega de la serie Colección de Arte de Otero Regal, bajo el título "El arte de mi recreo".
La variedad de estilos y artistas marcan la riqueza de esta colección, compuesta por una treintena de obras contemporáneas, que va desde la abstracción hasta el surrealismo, pasando por la figuración. El elenco de artistas que forman parte de esta muestra es variado y guarda un equilibrio justo entre pintores veteranos y noveles. Así están presentes artistas de diferentes puntos del territorio nacional, desde 1968 hasta la actualidad, como Oliveira, Maruja Mallo, Lorenzo González, Retamar, Abad, Susana Pozo, Renata Otero, Jordi Souso, Kabis, Carmeno, Cienfuegos, Nacho Porto, Paloma, Vilela, Aragonés, Zuou, Alicia Muñoz, Haring, Valego, Mari Ángel Leal, Manrojo y...
leer másA exposición "A fuego y color" dos artistas mindonienses Irma Loureiro e Raimundo Rubal coas series "Arte no Camiño" e "Eolo enfurecido", respectivamente, foi inaugurada no Auditorio Municipal de Mondoñedo. O acto contou coa participación da alcaldesa, Elena Candia, o concelleiro de Xuventude, Alberto García, e os propios autores das obras de pintura e escultura.
A mostra poderá ser visitada os sábados e domingos de cinco da tarde a nove do serán.
A Casa da Cultura de Burela acolle ata o 6 de setembro a exposición de pintura Taras, de Mónica Filgueira Formoso.
A pintora Mónica Filgueira di que “las taras diseñan cárceles: prisiones que visten sus muros con fotos en blanco y celdas de barrotes tatuados con la palabra miedo. He conseguido escapar de muchas de ellas”.
A exposición permanecerá na Sala de Arte da Casa da Cultura de Burela ata o día 6 de setembro. Pódese visitar de luns a venres no horario da Casa da Cultura.
Esta é a segunda mostra que a artista plástica Mónica Filgueira Formoso, presenta en Burela.
Este martes, 21 de agosto, no Cenima de Foz ás 20:00 horas terá lugar a inauguración da exposición Pinturas. Lorenzo González e Otero Regal.
A mostra é un encontro entre a cerámica de Alfonso Otero Regal e a pintura de Lorenzo González, profesor de Belas Artes, natural de Medina de Rioseco, quen, desde que descubriu a Mariña lucense, reside na parroquia de San Román do Val, no Vicedo.
A exposición permanecerá no Cenima de Foz ata o vindeiro 31 de agosto. Está organizada polo Complexo RegalXunqueira e o Concello de Foz.
O Concello de Alfoz organiza a 3ª edición do Maratón de Pintura ao Aire Libre, que se celebrará o domingo 12 de agosto, de 11 a 18 horas.
Poderán participar todos os pintores que o desexen, existindo unha categoría infantil (ata 16 anos) e outra sénior. A temática será referida ao concello de Alfoz, podendo reproducir calquera motivo, monumento ou paisaxe do termo municipal. A técnica e as medidas dos traballos serán libres, debendo aportar os participantes o material utilizado, admitindo calquera tipo de soporte (lenzo, papel, cartón,…) con fondo branco.
As inscricións deberán facerse no Castelo do Castrodouro a través do correo electrónico turismo@concellodealfoz.com, ou de forma presencial o mesmo día do maratón de 9:00 a 11:00 horas.
O xurado, formado por un presidente e dous vogais, representados por artistas...
leer másNo complexo Regalxunqueira de Viveiro inaugúrase mañá, 24 de xullo, ás 20:30 horas unha exposición de pintura e cerámica de Lorenzo González e Otero Regal.
A mostra presenta un encontro entre a cerámica de Otero Regal e a pintura de Lorenzo González, profesor de Belas Artes, natural de Medina de Rioseco, quen desde que descubriu este lugar da Mariña lucense, reside na parroquia de San Román do Val, no Vicedo.
A mostra permanecerá, na sala de exposicións de Regalxunqueira, ata o día 15 de agosto.
A sala de exposicións da Casa da Cultura acolle estes días a mostra “Adaptacións” de Xosé López Losada, “Xolo”, natural de Ourol.
O artista estivo acompañado no acto inaugural pola a edil de Cultura, Dolores García Caramés, a de Servizos Sociais, Pilar Armada, e os concelleiros de Deportes e Obras, José Ramón Soto e Plácido Pérez, respectivamente, ademais de compañeiros e compañeiras da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña.
A mostra, que pode visitarse ata o 30 de xullo, está composta por 15 obras escollidas de entre máis de 200 cadros que conforman a colección de “Xolo”, que está ligado ao mundo da artes desde que era un neno.
O pintor trasladouse a Salamanca no ano 1987 para estudar Belas Artes, onde acadou Matrícula de Honra no primeiro curso de Universidade. A finais do...
leer más












