No Complexo RegalXunqueira pódese visitar do 15 de decembro ata o 31 de xaneiro a exposición "Catro médicos por Viveiro".

O complexo Regalxunqueira de Viveiro acolle do 15 de decembro ata o 31 de xaneiro a exposición de pintura "Catro Médicos por Viveiro", de Jesús Vázquez, Leo García, Pablo Galego e Tino Cuesta. 

O grupo de pintura Cuatro Médicos é creado por Jesús Vázquez no Nadal de 2013, e está integrado por Leo García Méndez, médico en Vigo; Tino Cuesta, médico en Osoro; o ferrolán Pablo Galego, médico en Santiago de Compostela; e o propio Jesús Vázquez, médico en Lugo. Todos eles móvense no mundo do expresionismo, e contan cunha ampla traxectoria artística anterior á constitución deste grupo pictórico e paralelamente ao mesmo.