Do 21 ao 31 de agosto poderase visitar no Cenima, en Foz , a exposición "Pinturas. Lorenzo González e Otero Regal".

Este martes, 21 de agosto, no Cenima de Foz ás 20:00 horas terá lugar a inauguración da exposición Pinturas. Lorenzo González e Otero Regal.

A mostra é un encontro entre a cerámica de Alfonso Otero Regal e a pintura de Lorenzo González, profesor de Belas Artes, natural de Medina de Rioseco, quen, desde que descubriu a Mariña lucense, reside na parroquia de San Román do Val, no Vicedo.

A exposición permanecerá no Cenima de Foz ata o vindeiro 31 de agosto. Está organizada polo Complexo RegalXunqueira e o Concello de Foz.