Ánimas
O Concello de Burela anuncia que este sábado, día 31 de outubro, a Praza de Abastos “converterase no punto de encontro dunha tarde chea de tradicións, cultura e actividades para gozar en familia. A xornada comezará ás 16:30 horas e contará con propostas para todas as idades”.
Haberá obradoiros de cabazas, bonecos de millo e bonecas da vella, xogos tradicionais, chocolatada e a charla de Lidia Mariño titulada A Noite de Ánimas explicada para nenos. Tampouco faltarán o Canto da Sinistra Compaña, coa Coral Polifónica de Burela, e a tradicional Procesión das Ánimas, que percorrerá a Praza da Mariña. “Anímate a participar e, se podes, ven vestido/a de ánima (saba branca) para formar parte da procesión!”, indica o Concello de Burela, que colabora nesta iniciativa organizada pola asociación Arume “para manter vivas as nosas...
leer más



