Payasolandia

Etiquetas:
16/06/2015
O sábado, 20 de xuño, haberá un espectáculo de Payasolandia en Foz e o domingo unha mostra folclórica infantil.
 
O sábado, día 20, ás sete da tarde na Sala Bahía terá lugar un novo espectáculo de Payasolandia titulado El show de las estrellas infantiles 2015. Os prezos das entradas son de 3 euros para os nenos e nenas e de 5 euros para os adultos.
E o domingo, día 21, celebrarase a XIX edición da Mostra Folclórica Infantil organizada pola agrupación O Feitizo coa colaboración do Concello de Foz. Será no Campo da Cabana a partir das 6 e media da tarde. Actuarán o grupo da asociación cultural Osorio Gutiérrez, de Lourenzá; Cantos de Taberna Mar Aberto, de Foz; e os anfitrións: O Feitizo, de Foz.