Vilou Beer

24/07/2026

O Concello de Lourenzá anuncia que o día 31 de xullo, venres, desde as 19:30 horas no Cantón celebrarase o evento Vilou Beer, organizado pola asociación Conde Santo.

A música estará a cargo da Charanga A Bicoia e de DJ Dani Rego, presentarase o cartel das Festas do Conde Santo 2026 e degustarase churrasco, panceta, bolos preñados e cervexas internacionais. Ademais haberá xogos cervexeiros e colchonetas.

A asociación Conde Santo anima a todos “a asistir e participar nesta cita xa consolidada no calendario do verán laurentino”.

E a alcaldesa, Rocío López, agradece á asociación Conde Santo a organización deste evento.