Espallando Letras

08/05/2026

O Concello de Cervo de Cervo será o escenario do III Festival Espallando Letras, unha cita cultural que se celebrará o vindeiro 17 de maio, no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos co gallo da conmemoración do Día das Letras Galegas.

No acto de presentación do evento participaron a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e representantes das tres asociacións organizadoras do festival -asociación de veciños de San Román, As Espalladoras e Airiños do Xunco- na propia contorna de Sargadelos que acollerá o festival.

A alcaldesa destacou durante a presentación “a importancia de seguir impulsando iniciativas que poñen en valor a nosa lingua, a nosa identidade e o enorme potencial cultural do noso municipio. Con este festival celebramos o Día das Letras Galegas do mellor xeito posible: enchendo Sargadelos de...

leer más
07/05/2025

O pavillón de San Román, no concello de Cervo, acollerá o día 17 de maio, sábado, con motivo do Día das Letras Galegas, o II Festival Espallando Letras, organizado pola Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras, a asociación de veciños de San Román de Vilaestrofe, e Airiños do Xunco, coa colaboración do Concello de Cervo.

O encontro terá lugar a partir das 18:30 horas e contará coa participación de Cordenaia, de Airiños do Xunco (Cervo); As Grileiras que son o grupo infantil da S.C.R. Ledicia (Burela), As Ferriñas e As Faíscas de Os do 21 (O Vicedo), a asociación cultural Osorio Gutiérrez (Lourenzá) e Erikas e Peluxías (Grupo de Falapandeireta na Escola Vella de Rinlo). Ademais haberá racións de empanada e bolos preñados a prezos populares durante a tarde.

A cita foi presentada pola tenente de alcaldesa no...

leer más