Empresa
A oitava edición do Fórum de Innovación e Formación sobre vehículos, organizado pola Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA), celebrarase en Ribadeo dos días 27 ao 30 de agosto. Será por primeira vez no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias.
Este Fórum, homologado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, está destinado a profesores de Transportes e Mantemento de Vehículos, profesionais do sector do automóbil, alumnos de Formación Profesional e universitarios, ademais de a afeccionados do mundo do motor.
Entre os obxectivos da actividade figuran “establecer un punto de encontro entre o profesorado da familia profesional de Transportes e Mantemento de Vehículos; coñecer as últimas tecnoloxías que se están aplicando aos vehículos; realizar...
leer másEste venres, día 24, inaugurase en Ribadeo unha nova empresa, IMOTEC, que se dedicará a realizar instalacións eléctricas, de domótica e de vídeo vixilancia, entre outros equipamentos.
A nova firma está na Avenida Ría de Ribadeo, número 57, enfronte ao supermercado Mercadona e os seus propietarios son os irmáns Mélani e Iago Otero, que xa teñen anos de experiencia neste sector.
No acto inaugural deste venres, que empezará ás 20:00 horas, os asistentes poderán degustar un aperitivo e haberá demostracións de novidades no sector que son descoñecidas para moita xente, como sistemas para a fichaxe de traballadores nas empresas, que agora é obrigatorio; de control de vivenda a través de smartphones, que permiten manexar desde o teléfono a iluminación, os electrodomésticos, as persianas, a auga, a seguridade por vídeo...
leer más