Médicas
O ciclo de charlas médicas de Foz, organizado polo Concello e polo Hospital da Mariña, desenvolverase os xoves 12, 19 e 26 deste mes ás 20:00 horas na Casa da Cultura, con aforo limitado. Na primeira o doutor José Manuel Suárez Lorenzo, especialista en medicina preventiva, falará de cómo enfrontarse ao Covid.
Na seguinte charlas o traumatólogo Roi Castro Muñoz ocuparase da osteoporose en homes e mulleres. E na terceira a médica de urxencias Úrsula González Martos falará das enfermidades cardiovasculares e das actuacións en caso de infarto.
Na presentación do ciclo, que tivo lugar este mediodía, o alcalde focense, Fran Cajoto, deulle as grazas á xerente do Hospital Público da Mariña, María José Cortés, “por participar activamente xa desde hai moitos anos o hospital nestas charlas médicas que se programan en...
leer más
O ciclo de charlas médicas en Foz empeza hoxe, xoves, coa conferencia ofrecida polo xerente executivo da área sanitaria, Francisco Soriano, que falará sobre o presente e o futuro do Hospital da Costa, de Burela. Será na casa da cultura focense ás 20 horas.
Dentro deste ciclo, que organiza o Concello de Foz a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) en colaboración co Hospital da Costa, a segunda charla terá lugar o día 20 deste mes e correrá a cargo da doutora Clara Fernández Peña, especialista en Medicina Interna, quen falará sobre as enfermidades asociadas á idade. E a terceira e última conferencia será o día 27, na que o doutor Luis López Díaz, especialista en Neuroloxía, falará sobre deterioro cognitivo e envellecemento.