Deseño

Etiquetas:
25/04/2020

A Asociación Barrio dos Muíños convoca un concurso de deseño do logotipo para a ABDM.

Esta convocatoria ten por obxectivo dotar á asociación dun logotipo e facer partícipe aos asociados e a calquera persoa que queira participar.

Poderán concorrer todas as persoas que o desexen e o deseño debe ser unha proposta orixinal para ser un logotipo da Asociación do barrio dos Muíños.

Os deseños, a cor e en branco e negro, terán un tamaño en A4, sen anotacións nin o nome da persoa participante. Os datos persoais, no caso de ser entregado o deseño en papel, deberán ser anexados nun sobre.

Os traballos terán que presentarse ao mail da ABDM barriodosmuinhosasociacion@gmail.com ou aos membros da directiva. O prazo de...

leer más