A Asociación Barrio dos Muíños, de Mondoñedo, convoca un concurso para a elección do seu logotipo. O prazo de presentación remata o 10 de maio.

A Asociación Barrio dos Muíños convoca un concurso de deseño do logotipo para a ABDM.

Esta convocatoria ten por obxectivo dotar á asociación dun logotipo e facer partícipe aos asociados e a calquera persoa que queira participar.

Poderán concorrer todas as persoas que o desexen e o deseño debe ser unha proposta orixinal para ser un logotipo da Asociación do barrio dos Muíños.

Os deseños, a cor e en branco e negro, terán un tamaño en A4, sen anotacións nin o nome da persoa participante. Os datos persoais, no caso de ser entregado o deseño en papel, deberán ser anexados nun sobre.

Os traballos terán que presentarse ao mail da ABDM barriodosmuinhosasociacion@gmail.com ou aos membros da directiva. O prazo de presentación remata o día 10 de maio. O fallo do xurado farase público por diferentes medios aos participantes e socios, exhibindo o resultado no taboleiro da ABDM e informando polas redes e correo electrónico. Valorarase a orixinalidade e o desenvolvemento da imaxe corporativa.

O premio consistirá nun trofeo, un bono de 75€ para usar nos comercios e profesionais dos Muíños e 75€ en efectivo. Todas as persoas que participen aceitarán consentir que o logotipo será de libre uso pola ABDM, permitindo ademais que o traballo poida ser modificado e adaptado criando obras derivadas.